Escola pública
Informe PISA: sobre excesos e ausencias
Ricardo Fandiño Pascual
Indignación docente ao ampliar a Xunta a ofensiva contra as baixas ao profesorado
O conselleiro de Educación liga a falta de docentes que denuncian os sindicatos ás baixas e pide "avalialas" por seren excesivas, nunha estratexia que apoia Rueda, que cualifica de "preocupante" o número. CIG-Ensino, CCOO, BNG e PSdeG denuncian a "criminalización" do profesorado e da clase traballadora.
A Xunta reacciona a PISA: novo currículo en primaria e materia obrigatoria de lectura en secundaria
Porá en marcha entre este curso e o vindeiro un plan para "recuperar os niveis anteriores ao último Informe PISA". A comprensión lectora será "transversal" a todas as materias en primaria; 1º e 2º da ESO estrearán 'Lectura e Comprensión' e aumentará o apoio e a formación ao profesorado.
- Informe PISA Escola pública
- Acontece
Galicia suspende en integración e inclusión do alumnado migrante
A rapazada de orixe estranxeira vai case tres cursos por tras da nativa segundo PISA. O informe sinala o sistema educativo galego e insta a aplicar políticas "que combinen medidas de compensación socioeconómica con estratexias específicas de inclusión e integración" do estudantado que chega de fóra.
O absentismo que a Xunta non sinala: o 39% do alumnado faltou a clase nos días previos á proba PISA
O rendemento en ciencias do alumnado que faltou a clase nalgún momento nas dúas semanas anteriores ás probas educativas é un 8% inferior ao que non faltou
O conselleiro de Educación bate na Coruña coa indignación polas deficiencias nos colexios
A caída de cascallos no CEIP de Prácticas da Coruña, a segunda vez en menos de dous anos, indigna ás familias que levan todo ese tempo mobilizadas por unha reforma integral que non chega ante as graves deficiencias do centro. Román Rodríguez promete iniciar en xuño as obras ante as protestas de nais e pais e pon prazo ao remate da actuación: no curso 2028/29.
Rueda xustifica o aumento das pantallas no ensino impulsado por Feijóo, que agora pide suprimilas
O presidente di que "non hai contradición" xa que ao seu ver hai unha década era necesario aumentar a "dixitalización" e agora é necesaria "a compatibilidade"
- Análise Escola pública
- Acontece
O ensino alén de PISA: "Non se poden analizar os datos sen ter en conta o contexto social e de recortes"
Tres expertas do ámbito da pedagoxía, a docencia ou a organización educativa analizan a situación das aulas en Galicia tras o debate aberto polo informe. Todas coinciden na necesidade de máis recursos, na falta de adaptación ao vertixinoso cambio social ou na rixidez do sistema educativo á hora de afrontar tantos retos novos e evitan reducir o debate ao influxo do uso das pantallas.
- Informe PISA Escola pública
- Acontece
O Informe PISA destaca Galicia polo mellor nivel dos centros públicos fronte a privados e concertados
Destaca que o país é unha das comunidades onde non hai diferenza de rendemento a favor dos colexios e institutos de titularidade privada, malia ser esta a tendencia habitual. O alumnado da pública obtén resultados de entre 15 e 25 puntos superiores en ciencias ao neutralizar os condicionantes socioeconómicos.
- Reportaxe Escola pública
- Acontece
"Faltan mans": anticipan un comezo de curso "moi conflitivo" por falta de profesorado en secundaria
Este curso 26/27 que arranca este mércores 9 de setembro será o da aplicación efectiva da recuperación da xornada de 18 horas lectivas para os docentes de Secundaria, unha das medidas contempladas no acordo asinado entre Xunta e algúns sindicatos, que foi corrixido a comezos deste 2026 para poder aplicala neste novo curso. Segundo denuncian membros do profesorado, esta demandada redución de horas non está a vir acompañada dun aumento no cupo do profesorado acorde coas cifras polo que, simplemente as contas non saen e a consecuencia, alertan, será o empeoramento do ensino.
- Informe PISA Escola pública
- Acontece
Forte caída do nivel educativo en Galicia: curso e medio cara atrás en comprensión lectora
O Informe PISA revela caídas de 20 puntos nas competencias científica e matemática do alumnado galego, o que equivale á perda dun curso lectivo, e de máis de 30 en lectura. España obtén o peor resultado da historia nun contexto global de "baixada continuada" nas notas da proba.