
A comunidade educativa advirte dun "drástico" recorte de profesorado que a Xunta nega: "Haberá máis docentes que antes da pandemia"
Varios centros e as súas ANPAs denuncian a perda de docentes que CIG-Ensino sitúa xa en 435 menos que o curso pasado e 190 menos que hai dous en Secundaria. Educación nega con rotundidade os datos: "Non existen recortes".