
Convocan catro días de folga no ensino infantil de 0 a 3 anos pola mellora dos salarios e do convenio colectivo
CCOO, CIG e SNEP reclaman "salarios dignos" para un persoal que está "entre o máis precarizado do noso país" e que apenas cobra o SMI. As catro xornadas de paros -19 e 25 de outubro e 8 e 15 de novembro- estan acompañadas de mobilizacións este xoves en Vigo e A Coruña.