A Xunta aplica a súa "neutralidade ideolóxica" e denega a homologación dun curso sobre Palestina
O XXXVI Encontro galego-portugués de Educadoras/es pola paz. Palestina e máis alá. Educar na vida en tempos de xenocidio é unha actividade de formación do profesorado que Nova Escola Galega leva catro décadas organizando e cuxa celebración está prevista para os días, 24, 25 e 26 de abril en Nigrán. A entidade denuncia que a decisión da Consellaría de Educación supón "a aplicación de censura e control ideolóxico"