Escola pública
Protestas en Carral e Vigo pola implantación de FP Básica en centros de ESO sen "diálogo" e "recursos"
A comunidade educativa do IES República Oriental de Uruguai de Teis (Vigo) e o IES de Carral atópase mobilizada ante o plan da Consellaría de Educación de implantar nos dous centros senllos ciclos de FP Básica para o vindeiro curso. Subliñan que non están en contra de que o ensino da FP se realice no centro, pero critican que o proceso se realizara sen a debida información e que, ademais, a implantación se vaia producir sen contar cos necesarios recursos ou instalacións.
A Xunta di agora que nada impedía revisar os exames de selectividade pero non aclara por que non llo dixo á CIUG
En xuño de 2024 as universidades propuxeron que os exames fosen revisados por unha segunda persoa e agora o conselleiro asegura que xa era posible pero rexeita explicar por que non respondeu daquela
Aprobadas datas e vacacións do curso 26-27: calendario do 9 de setembro ao 21 de xuño
Educación avanza as principais datas do vindeiro período académico, que serán oficiais o luns coa publicación no DOG. As vacacións de Nadal comezan o 22 de decembro, e as de Semana Santa, o 22 de marzo
O presidente do Parlamento apadriña a primeira promoción da universidade de Abanca
MIguel Santalices foi elixido para apadriñar o alumnado na cerimonia de gradación porque "baixo a súa presidencia aprobouse a lei que deu vida á Universidade Internacional da Empresa".
A Xunta cre "testemuñal" o seu papel na CIUG, onde a representa o cuestionado xefe da Inspección
O conselleiro de Educación admite que non ten reproches á xestión da selectividade en anos previos máis alá dos erros deste curso
As universidades ratifican que a Xunta ignora hai dous anos o seu plan para "minimizar erros" na selectividade
As tres institucións académicas públicas únense para "manifestar o seu apoio" aos membros da comisión que organiza as PAU dende hai tres décadas en plena aceleración do Goberno galego para controlala aproveitando os erros en dous exames. En xuño de 2024 propuxeron que as versións finais das probas fosen revisadas por unha segunda persoa e non por unha soa como no actual sistema, que "extrema as cautelas para garantir a confidencialidade"
Rueda xustifica que a Xunta controle a selectividade porque organiza "moitas oposicións con moita xente"
O presidente renega da CIUG que organiza as probas desde 1993 dicindo que "depende en exclusiva das universidades" malia que a metade da súa composición a designa a Xunta
A Xunta aproveita os erros na selectividade para acelerar o plan de control da comisión que a organiza
En vésperas da PAU Educación lanzou o proceso para substituír na organización dos exames á CIUG, organismo con composición equilibrada de universidades e Xunta, por outro con maioría gobernamental. Atribuíuno á vontade de inserir "melloras" e "avanzar nun modelo de proba común", se ben agora lígao tamén aos fallos detectados en dous dos 40 exames deste ano. A comisión lembra que hai dous anos pediu á Consellería inserir unha segunda revisión dos exames unha vez elaborados, pero non tivo resposta
Educación sancionou un profesor por discutir co director do seu centro sen tomar declaración á única testemuña
"Non se explica", di o TSXG", "que nin se lle tomase declaración" á única persoa que puido escoitar o enfrontamento, que rematou cunha suspensión de emprego e soldo de sete días tramitada cun procedemento caducado
Educación ordena ao IES de Melide borrar das redes unha mensaxe sobre o "impacto dos recortes"
CIG-Ensino acusa a Consellería de "acosar e a perseguir ao profesorado galego en lugar de poñer os medios e recursos necesarios para o correcto funcionamento dos centros". A Xunta xustifica a orde de retirada porque "as canles de comunicación oficiais dos centros están acoutadas a un uso estritamente de carácter educativo e informativo"
E-Dixgal encadea o seu terceiro curso de retroceso, con máis baixas que altas
A pesar dos intentos da Consellaría por reconducir o programa de "educación dixital" coa recuperación dos libros de texto, o número de centros participantes volve descender. A iniciativa leva anos sendo cuestionada dende a comunidade educativa, alertando familias, docentes e expertos sobre as súas eivas e efectos prexudiciais no ensino.