A unión na loita social trouxo a xornada única a Porto do Son
As anpas dos tres centros do municipio con horario partido e sen servizo de comedor pelexaron durante meses por
As anpas dos tres centros do municipio con horario partido e sen servizo de comedor pelexaron durante meses por
No IES Fontexería, de Muros, celébrase antes das vacacións do segundo trimestre escolar unha semana cultural coa que achegar ao alumnado esoutra cultura máis difícil de encadrar nos ríxidos curriculos escolares
O Goberno galego prepara un borrador de proxecto para a elección dos máximos responsables dos centros que "pretende botar as familias fóra dos colexios" e que presentará este martes na mesa sectorial.
O Ministerio de Educación somete a información pública o proxecto de decreto co que regulará o pagamento de centros privados para as familias que reclamen ensino en castelán. O departamento de Wert non prevé ningunha garantía para o alumnado que pida recibir máis materias en galego.
Un lugar da parroquia de Brandariz, en Vila de Cruces, vén de darlle nome á lenda da espada de Brandomés. Se as lendas teñen de seu algo máxico, neste caso o abraio non podía ser maior: foi unha alumna do IES Marco de Camballón a que recuperou esta lenda descoñecida para todas as persoas especialistas do tema no noso país.
Liga, Comités e Agir, apoiados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, convocan un paro nas aulas este xoves contra a lei Wert e as reformas do Goberno do PP na ensinanza.
A Confederación de ANPAS Galegas relanza a reivindicación do sistema de préstamo de libros de texto cunha campaña por todo o país na que lembran que o ensino obrigatorio ten que ser gratuíto tamén nos materiais.
Mario Benedetti pregúntase nun poema o que lle queda por probar á xuventude: só grafitti, rock, escepticismo? Unha inquedanza semellante arredor do mundo adolescente e a lectura levou en diferentes momentos e lugares a que un grupo de docentes se coñecesen, trabasen amizade e compartisen a súa paixón pola poesía. A preocupación polo feito de que o alumnado non participase deste namoramento fixo o resto.
A Xunta deixa nas mans da dirección de cada centro educativo a decisión de suprimir ou non as clases ante as alertas meteorolóxicas
Os pequenos do centro do Saltiño, en Boiro, practican diariamente xunto á súa mestra Susana nunha iniciativa tan innovadora como exitosa. Outra achega d'O patio das ideas.
O alumnado que cursa a materia de relixión católica baixa 15 puntos en Primaria e case 20 en ESO e Bacharelato nunha década, pero o Goberno galego mantén intacto o cadro de profesores e profesoras.
A crítica que, de maneira constante, se verte sobre o sistema educativo e a dificultade de traballar con menos medios están facendo mella no ánimo e na implicación da comunidade educativa. Este é o pano de fondo que, xunto coa inminente aplicación da LOMCE e "outras normas de carácter regresivo", inspirou un grupo de profesionais do ensino para poñer en marcha O patio das ideas, que comeza cunha vista ao IES Illa de Arousa.