A comunidade educativa entende o adiamento da Lei Wert como un éxito da folga
Sindicatos de profesorado e asociacións de pais e nais celebran a decisión do Goberno de non aprobar a LOMCE este venres, como estaba previsto, e cren que en parte se debe á mobilizacións nas rúas. Permanecen atentos aos movementos do Executivo, que quere aprobar a lei en xullo