 
        
    
    O Estado certifica que o gasto social volve perder peso na Xunta en 2016
Facenda rebaixa de novo vinte puntos o cálculo da porcentaxe de investimentos sociais nos Orzamentos galegos a respecto do publicitado por Feijóo.
🎃
 
        
    
    Facenda rebaixa de novo vinte puntos o cálculo da porcentaxe de investimentos sociais nos Orzamentos galegos a respecto do publicitado por Feijóo.
 
        
    
    Os populares inician en solitario o trámite da lei de acompañamento dos Orzamentos, na que o Goberno inclúe unha norma para prorrogar indefinidamente o mandato do actual responsable dos medios públicos.
 
        
    
    Política Lingüística manexa agora un 60% menos de fondos que cando o PP retornou á Xunta e en 2016 o seu orzamento fica á marxe dos incrementos.
 
        
    
    A Xunta terá que achegarlle 68 millóns de euros á empresa concesionaria do Álvaro Cunqueiro en 2016 como pagamento do prazo da construción e polos servizos non clínicos que vén de comezar a prestar.
 
        
    
    Representantes sindicais advirten do "escándalo" dunha modificación legal feita "ás agachadas" polo PP a través dos Orzamentos e que "bota abaixo un dos aspectos máis positivos da lei dos medios públicos" ao "incidir na dependencia do poder político"
 
        
    
    Coa dotación avanzada por Facenda a novas axuda chegaría a arredor do 40% dos nacementos, se ben a Xunta asegura que beneficiará a oito de cada dez familias porque prevé que as axudas teñan dotación tamén en 2017.