Nacín en Barcelona, teño nome vasco e sempre quixen ser demasiado galega porque cando cres e sentes que algo é bo ou canda menos non é de todo malo, nunca se pode ser demasiado. Traballo en precario na configuración dun novo idioma aínda non recoñecido: un galespanglish creado por adolescentes. De grande quero ser unha útopica pragmática.