- Reportaxe
- Política
Feijóo vai por libre no PP de Casado
O presidente da Xunta obvia directrices do partido e volve rexeitar a coalición con Ciudadanos que impula Génova: "En Galicia non é necesario". Malia non ter fixado aínda a data das eleccións galegas, todos no PP dan por feito que repetirá como candidato
O PP teima en mudar a lei e rexistrará a proposta para que goberne a lista máis votada
Inclúea entre as iniciativas para a reforma da Loreg, cuxo debate comeza en setembro no Congreso. A medida fora defendida polos populares nas últimas campañas das xerais, seguindo o ronsel de Feijóo, que a lanzou moito antes e presume de ser o pai da idea para vetar gobernos de coalición
O Congreso aborda a reforma da lei electoral cun só acordo: acabar co voto rogado
Os partidos só se poñen de acordo en liquidar o sistema que pactaran PP e PSOE en 2011 e que acabara co descontrol no sufraxio do CERA pero reducira a anecdótica a participación e engadira problemas aos emigrados temporais. Os populares proporán outra vez vetar as coalicións.
"O nacionalismo é excluínte, tende a culpar outros dos males e a prexudicar a convivencia"
ENTREVISTA Cristina Losada, candidata de Ciudadanos á presidencia da Xunta, cre que "é de lamentar" que "as mareas e parte de Podemos estean impregnadas de nacionalismo" e considera que "hai un gran potencial de voto" para a formación laranxa en Galicia
O PP aproba no Congreso o recorte de liberdades
O Executivo central saca adiante a lei de Seguridade Cidadá, a denominada 'lei mordaza', co rexeitamento de toda a oposición, que promete derrogala na vindeira lexislatura. O BNG critica o "estado de excepción" instaurado nun debate no que se expulsou un coro da tribuna.
Veto á investigación de Angrois, tamén no Congreso
A dirección do Grupo Socialista decide absterse na votación da moción da Izquierda Plural, como xa fixo no Parlamento de Galicia. Os populares rexeitaron investigar en Galicia porque o ferrocarril é competencia estatal.
PP e PSOE únense para recuperar o voto emigrante cunha 'contrarreforma' da lei
Queren derrogar o control legal do censo exterior que impide o voto nas municipais e que implanta o 'voto rogado', que provocou un gran descenso na participación dos emigrantes nos últimos comicios.
O Congreso tomba a iniciativa de BNG, ERC e Amaiur a prol da autodeterminación
O Bloque censura que o Goberno central queira impoñer "o café para todos". A proposición foi rexeitada por PP, PSOE e UPyD. Vídeo no interior.
PP e PSOE negáronse reiteradamente a aprobar cambios na lei hipotecaria
Diversos colectivos cidadáns presentaron no Congreso Iniciativas Lexislativas Populares sobre a dación en pago, pero ningunha logrou prosperar. Varios partidos solicitaron tamén modificacións normativas que foron sempre rexeitadas por populares e socialistas.