Feijóo, ante as mareas: "O que producen en Galicia é a morte dos mariñeiros"
O presidente da Xunta desdeña as candidaturas municipalistas vinculándoas dialecticamente cos accidentes no mar e repróchalle a Yolanda Díaz, de AGE a "renda" de Pablo Iglesias, de Podemos. O xefe do Executivo saca peito ante os datos da pobreza e pola súa xestión industrial.
O PP irrita a veciñanza de Lugo ao culminar o recorte dos servizos do hospital
Os conservadores sacan adiante nun tenso debate a versión recortada da iniciativa lexislativa popular que pretendía a instalación no HULA dos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear, prometidos por Feijóo en 2011. A Federación Veciñal anuncia novas mobilizacións e lamenta que o presidente "non teña palabra". Audio no interior
Catro golpes ao galego que non partiron das familias
O presidente da Xunta atribúe "ás familias" a responsabilidade de "transmitir a importancia de que falen" galego "fóra da escola", toda vez que o Goberno xa o "preserva". Repasamos algunhas das medidas do actual Executivo a respecto do idioma.
A xuíza da Pokémon investiga 24 membros do PP ourensán por suposto financiamento ilegal
A maxistrada Pilar de Lara reclámalles a tres empresas facturas a nome de dous cargos da Xunta, dous deputados, o actual voceiro do PP ourensán e varios edís e ex edís por se axudaron a encubrir gastos electorais que superarían "o límite legal" e serían sufragados con doazóns irregulares.
Os homes con soldos superiores a 30.000 euros duplican as mulleres en Galicia
As traballadoras son maioría nas franxas salariais maís baixas e minoría nos soldos superiores aos 15.000 euros anuais. As mulleres que non poden cotizar o ano enteiro á Seguridade Social son máis que os seus compañeiros.
Os salarios deixan de ser o sustento da maioría dos fogares galegos
Os fogares que viven principalmente do traballo descenderon catro puntos entre 2008 e 2011. As pensións non contributivas pasaron a ser o sustento principal de case 4 de cada dez fogares.
Galicia sufriu cinco desafiuzamentos diarios durante o verán
O país acumula máis de 4.200 desaloxos dende comezos de 2013. No terceiro trimestre do ano descenderon os lanzamentos en propiedades alugadas pero aumentaron os hipotecarios. Feijóo retrucou a demanda de Cáritas a prol da vivenda digna alegando que hai prazas libres "nos albergues".
"A primeira operación urbanística de Hernández recorda a Conde Roa"
Medra a oposición dentro e fóra do Concello de Santiago á liquidación do proxecto de pisos de alugueiro para a mocidade en pleno centro e a construción de "vivenda libre" no seu lugar. Mentres, o alcalde compostelán culpa da operación ao bipartito da Xunta.
Podemos irá en solitario ás galegas "a non ser que a xente de Galicia decida outra cousa"
A galega Carolina Bescansa, secretaria de Análise Política e Social de Podemos, reta a Feijóo a debater sobre sanidade, educación, débeda e, "moi especialmente", sobre corrupción. "Ninguén discute que a lingua é un elemento central de Galicia como pobo", di nun encontro coa prensa en Compostela.
'Payo Today': Os 'payos' son a fonte do contaxio do ébola
A Fundación Secretariado Xitano lanza, en clave de retranca, unha campaña para que os medios de comunicación "reflexionen" sobre a súa "responsabilidade" na "configuración da imaxe social da comunidade xitana". Vídeo no interior
Xunta e Concello liquidan o proxecto de pisos protexidos para mocidade no centro de Santiago
Agustín Hernández e Ethel Vázquez acordan trasladar máis de 4 quilómetros os pisos protexidos proxectados a 400 metros da Praza do Obradoiro e permitirán que a empresa que os constrúa promova "vivenda libre" no seu lugar.
Cando Feijóo pedía que a oposición puidese investigar sen permiso do Goberno
O presidente da Xunta reclamou en 2007 que os grupos parlamentarios puidesen impulsar dúas investigacións por lexislatura aínda que non tivesen maioría e prometeu aprobar a medida ao chegar ao Goberno. Dende o retorno ao poder o PP acumula catorce vetos a comisións de investigación, os últimos sobre o accidente de Angrois e a trama Zeta.