Multiplícanse os contactos á procura dunha candidatura galega para as xerais
Formacións como Anova, BNG, Podemos, EU ou CxG manteñen múltiplas reunións mentres se preparan as xuntanzas organizadas para a fin de semana dende o Encontro Cidadán por unha Marea Galega e Pola Unidade.
O Concello de Santiago retira as axudas a grupos antiabortistas
O novo goberno "desbloquea" os convenios con entidades sociais cuxa tramitación estaba "paralizada" e decide non asinar os que ían implicar financiamento municipal para a Red Madre e a asociación Centinelas.
Cando Feijóo alertaba de que Galicia sería "autonomía de segunda" no sector lácteo
No ano 2006 Feijóo responsabilizaba con dureza á Xunta da situación do sector leiteiro e aseguraba que só as medidas do PP permitirían que o país non acabase "en rexional preferente".
O Estado fía á boa vontade da industria o futuro do sector lácteo galego
O Ministerio admite que existen explotacións galegas que venden por baixo do custo pero reitera que fixar prezos mínimos é ilegal e insta as autonomías con prezos máis baixos a "protexer" máis o sector.
A factura do 'bosque' do Gaiás segue a subir e xa supera o medio millón
Seaga tramita dende comezos de agosto o contrato da iluminación do 'bosque', no que a Xunta gastará algo máis de 270.000 euros que se suman aos 300.000 da plantación. Feijóo presentou o proxecto como "o bosque máis importante da Autoestrada do Atlántico"
O goberno de Triacastela teima en montar unha tourada e arríscase ao boicot turístico
Comerciantes e hostaleiros da vila lucense temen que os peregrinos eviten a zona por mor da celebración do espectáculo taurino suprimido en Sarria tras saír o PP do Concello. GMST e activistas locais tentan frear o evento cunha denuncia pola posible falta de licenza da praza de touros portátil.
Tres gráficos e un mapa para entender a situación límite do sector lácteo galego
As explotacións galegas reclamarán este martes no Ministerio de Agricultura un sistema de prezos mínimos semellante ao francés e advirten de que xa valoran "endurecer" as mobilizacións. O prezo do leite caeu un 30% en Galicia no último ano e é o máis baixo do Estado.
O PP, á dereita dos padres
Os populares teiman en cargar contra o goberno de Santiago por non acudir a actos relixiosos e estenden a batalla á Deputación de Pontevedra, cuxa presidenta non asistiu á procesión da Peregrina. Mentres, a Igrexa réstalle importancia e advirte de que non se suma ás críticas "dos partidos".
17 de agosto: Memoria da Galicia asasinada
O Día da Galiza Mártir homenaxea a figura de Alexandre Bóveda e lembra as case 5.000 persoas asasinadas polos franquistas no país.
Multitudinario berro pola dignidade do sector lácteo galego
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela en defensa do sector leiteiro e para esixir prezos dignos para os seus produtos. Os sindicatos agrarios reclaman que o presidente da Xunta se poña á fronte da mediación coa industria e a distribución. Galería de imaxes no interior
Sés, Ataque Escampe e Heredeiros da Crus, estrelas galegas do Spotify
A popular aplicación de música en streaming elabora un "mapamundi musical" cos temas máis escoitados en cidades de todo o mundo. Autores galegos comparten protagonismo coa orquestra El combo dominicano nas preferencias da Coruña, Santiago, Vigo e Ourense.
Galicia conserva case 30.000 vivendas novas sen vender tras sete anos de crise
O incremento anual do número de vivendas pasou de 45.000 en 2007 a 1.200 en 2014. O parque total de pisos no país supera os 1,6 millóns.