Feijóo axita o medo aos gobernos das mareas: "Non admiten a Constitución"
Aínda que Compostela Aberta superou o PP e a Marea Atlántica ten os mesmos edís que os populares Feijóo teima en que gobernarán malia seren "minoritarios" e, ao tempo, adhírese a petición de Louzán para que o BNG o axude a reter a Deputación de Pontevedra.
Compostela Aberta concreta unha vintena de medidas para comezar a gobernar Santiago
O BNG anuncia que apoiará "sen condicións" a investidura de Martiño Noriega e o PSdeG votarase a si mesmo ou absterase.
O Sergas limita a información das listas de espera tras subilas a niveis da década pasada
O dato de espera máis baixo da serie histórica rexistrouse a comezos de 2009, con 67 días. Dos dez trimestres con menos doentes en lista de espera un corresponde ao actual Goberno da Xunta e nove, ao mandato do bipartito
Apagón informativo con amparo legal sobre as listas de espera do Sergas
Tras evitar ofrecer os datos do primeiro trimestre antes das municipais a conselleira de Sanidade anuncia que comezará a aplicar a nova norma que permite informar dos datos de demora só dúas veces ao ano.
Galicia bate récords de aforro bancario mentres o crédito se estanca en niveis de hai dez anos
Galicia ten depositados nos bancos máis de 57.000 millóns de euros e os créditos roldan os 45.000 millóns. Tras os anos da burbulla o país volveu ao seu papel tradicional, o de fornecedor neto de crédito a outros puntos do Estado.
Guía: Así funciona o novo modelo de libros de texto da Xunta
Seis anos despois de eliminar a gratuidade dos manuais escolares a Consellería de Educación lanza un modelo mixto de axudas e préstamos que indigna a comunidade educativa, sobre a que recae unha forte carga burocrática. Así é o novo procedemento. Infografía no interior.
A xestión da crise deixa Galicia e outras 11 autonomías con máis débeda que orzamento
O Goberno galego debía no inicio do ano 225 millóns máis dos que ten para gastar. En 2008 o orzamento da Xunta superaba en máis de 6.000 millóns a súa débeda
A economía galega é a segunda que menos medra do Estado
O novo indicador para medir o produto interior bruto, elaborado pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal, confirma o estancamento da economía galega que xa viña amosando o IGE.
Así atacou a Xunta o préstamo de libros de texto que agora recupera
Educación e o propio Feijóo teimaron na necesidade de acabar cos manuais prestados para que o alumnado os tivese en "propiedade" e así puidese conformar "bibliotecas familiares" nas súas casas. O modelo de axudas parciais acabou sendo máis caro que o préstamo universal.
Orozco observa en "silencio intelixente" a partida de xadrez do futuro de Lugo
O alcalde lucense en funcións opta por manterse en segundo plano ante as negociacións do seu partido con Lugonovo e o BNG, que esixen a retirada do actual rexedor para abordar un posible pacto. Na contorna dos socialistas aínda se contemplan todos os escenarios.
A Xunta recorta fondos para libros de texto e crea un plan de préstamo similar ao que eliminou
Educación crea un "fondo solidario" de libros en dous cursos de Primaria e outros dous de Secundaria mentres mantén no resto o modelo de axudas parciais. As ANPAS alertan dun "caos" organizativo e reiteran a necesidade de retornar ao modelo de préstamo universal.
Feijóo chama á "renovación" no PP sen aclarar se seguirá en Galicia
O presidente da Xunta cita a morte de "100.000 galegos en catro anos" entre as causas do descenso electoral do seu partido e anuncia un "calendario" de congresos da formación que incluiría a celebración dun cónclave autonómico antes das eleccións galegas de 2016.