Electorado galego polo mundo: así se distribúen os "residentes ausentes"
Máis de 400.000 persoas residentes en 140 países están inscritas no CERA galego para as eleccións xerais. Os controis instaurados en 2011 reduciron as recorrentes fraudes, pero dificultaron tamén a participación de persoas emigradas recentemente. Este censo aumentou un 80% dende finais dos 90.
O 'Baltargate' persegue a Feijóo
Toda a oposición cuestionará o presidente da Xunta no vindeiro pleno do Parlamento polo seu apoio ao barón ourensán. Mentres, esténdese a preocupación no PP galego polos efectos que o escándalo poden ter nas eleccións de decembro.
Galicia rexistra menos emprego e menos paro que cando Rajoy comezou a gobernar
As inscricións nas oficinas de emprego en outubro aumentaron case un 3% e descenderon un 9% a respecto do pasado ano. Actualmente cotizan en Galicia unhas 951.000 persoas, mentres que en 2011 estaban afiliadas á Seguridade Social unhas 974.000.
O PSdeG asume a presidencia da Fegamp con PP e BNG na dirección
O socialista Alfredo García convértese en novo presidente da entidade municipalista. As mareas, CxG e outras formacións presentaron lista propia, pero non lograron entrar na nova dirección e lamentan o "bloqueo" na entidade.
Bucle aeroportuario galego en Madrid
A reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia remata sen grandes acordos e con chamadas á "coordinación". Os alcaldes da Coruña e Santiago instan a Xunta a exercer o seu "liderado" e o de Vigo acusa o Goberno galego de "querer pechar" Peinador.
A oposición planta a Baltar tras negarse a abordar en pleno a denuncia de traballo por sexo
O PP ourensán repróchalle a PSOE, DO e BNG que "furguen" na denuncia contra o seu líder, un asunto "persoal". Os grupos da oposición esixirán agora un pleno extraordinario para pedirlle explicacións ao presidente da institución.
O estrago laboral da mocidade galega, en catro gráficos
A poboación activa de entre 16 e 29 anos reduciuse en media década 11 puntos máis que a poboación xuvenil total. Os últimos datos da EPA amosan menos mocidade no paro que en 2009, pero tamén menos xente moza con traballo.
Baltar non pensa na dimisión "en absoluto" e Feijóo evita pedirlla
O presidente da Deputación ourensá circunscribe ao ámbito "estritamente persoal" a denuncia da muller que o acusa de ofrecerlle traballo a cambio de sexo. O fiscal xefe de Ourense indica que o asunto non é "urxente" e aínda non decidiu se o investigará.
Xa podes pedir votar por correo nas eleccións xerais: ollo aos prazos!
A convocatoria das eleccións xerais implica o inicio dos trámites ligados aos comicios do 20 de decembro. Estes son os prazos para votar por correo.
O fillo do "cacique bo"
José Manuel Baltar medrou politicamente á sombra do seu pai, amo e señor da provincia de Ourense durante máis de dúas décadas que legou ao seu fillo as presidencias da Deputación e do PP provincial.
Así traballou a representación galega nas Cortes
Os membros do Congreso e do Senado elixidos polas circunscricións galegas tramitaron máis de 37.000 iniciativas, se ben o reparto non é, nin de lonxe, equitativo. Repasamos o seu traballo na lexislatura que vén de rematar.
Dous anos de cárcere para os exdirectivos de Novacaixagalicia
A Audiencia Nacional acondena a Gayoso, Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada polas prexubilacións irregulares. A sentenza lembra que, "no fondo", as compensacións millonarias foron sufragadas con fondos públicos.