O PP inclúe a Louzán nas listas do 20-D malia estar investigado en dúas causas xudiciais
O expresidente da Deputación de Pontevedra inclúese na candidatura popular ao Senado como primeiro suplente mentres agarda polo desenvolvemento dunha acusación por suborno e mais pola instrución da Operación Patos.
O PSOE inicia a expulsión do alcalde de Becerreá polo seu "gravísimo dano" ao partido
A dirección socialista resolve a expulsión provisional de Manuel Martínez mentres resolve o expediente sobre as súas votacións co PP na Deputación de Lugo.
Trece candidaturas competirán nas xerais en Galicia
O BOE publica este mércores as listas electoraias presentadas para os comicios do 20-D. A circunscrición galega con máis opcións é A Coruña, onde concorren 12 listas ao Congreso.
Feijóo terá que defender por segunda vez a Baltar ante o Parlamento
O PP rexeita que o presidente compareza na Cámara para explicar a súa defensa do barón ourensán, pero si o terá que facer na sesión de control.
O Parlamento galego entra nos minutos do lixo
Os resultados das xerais poden provocar cambios na configuración dos grupos de PP, PSdeG, AGE e BNG na Cámara, que comezará 2016 coa axenda lexislativa do Goberno practicamente esgotada.
Nós preséntase como continuadora do "legado" do nacionalismo galego nas Cortes
A candidatura que aglutina o BNG e outras forzas soberanistas reivindícase como "netos e netas de Castelao" ante o Panteón de Galegos Ilustres.
A contorna de Baltar agradece a defensa de Feijóo ante a acusación de emprego por sexo
A aposta do presidente da Xunta por non esixirlle explicacións ou a dimisión a Baltar reconforta no PP de Ourense e indigna á oposición, que se pregunta "que sabe de Feijóo" o barón ourensán para ter o seu abeiro.
Cronoloxía: Os responsables políticos do Prestige, de posto en posto
Os membros da Administración encargados de xestionar a catástrofe ecolóxica continuaron, na súa gran maioría, en diversos postos políticos despois do naufraxio.
Cinco argumentos de Feijóo para non actuar contra Baltar
A oposición parlamentaria repróchalle ao presidente que defenda o barón ourensán ante a denuncia da muller que o acusa de ofrecerlle un posto de traballo a cambio de sexo. O titular da Xunta pon o acento en que Baltar non está imputado e repróchalle ao resto de grupos ter unha "dobre vara de medir".
Feijóo teima en defender a Baltar ante a denuncia de emprego por sexo
A oposición abandona o pleno do Parlamento ante o abeiro ao barón ourensán por parte do presidente, que acusa o resto de grupos de "utilizar as mulleres" por esixirlle responsabilidades políticas. Vídeo no interior
A UE recúa e retira a proposta que prohibía a pesca do xeito
O comisario europeo de Pesca confirma que non segue adiante coa normativa que ía prohibir o traballo dos 427 barcos dos xeiteiros, que en 2014 viaxaron á Eurocámara con Ana Miranda (BNG) para amosarlles o seu traballo ás autoridades comunitarias.
O PP aproba o primeiro trámite para manter o director da RTVG indefinidamente no seu posto
Os populares inician en solitario o trámite da lei de acompañamento dos Orzamentos, na que o Goberno inclúe unha norma para prorrogar indefinidamente o mandato do actual responsable dos medios públicos.