Franco queda sen medalla de ouro en Pontevedra por unanimidade
O vindeiro luns todos os grupos da corporación pontevedresa aprobarán retirarlle a distinción municipal ao ditador, outorgada en 1944. O acordo enmárcase nas homenaxes ás vítimas da represión franquista na cidade, que se estenderán durante todo o 2016.
"Decepcionoume o PSOE, en materia fiscal propón o mesmo que o PP"
ENTREVISTA María Rozas, edil de Facenda e Orzamentos do Concello de Santiago, defende a proposta de reforma do imposto de bens inmobles que impulsa o goberno local para darlle carácter "progresivo" e lamenta que o PSOE local reclame "triplicar" o investimento social e, ao tempo, pida rebaixas tributarias.
Técnicos de Facenda recean da baixada de impostos "sen precedentes" prometida por Feijóo
A organización GESTHA advirte de que "non é o momento axeitado" para as rebaixas prometidas por Feijóo para o ano electoral polas dúbidas de Bruxelas sobre os orzamentos do Estado, que afectan tamén ás autonomías
As instrucións 'eternas' amplifican os receos en torno ás macrocausas xudiciais en Galicia
As críticas da Fiscalía e do TSXG pola lentitude na instrución dos casos Carioca e Pokémon e á xuíza Pilar de Lara reabren o debate en torno aos grandes e inacabados sumarios sobre presunta corrupción. Recollemos as análises do Ministerio Público e da xudicatura e analizamos ditames ao respecto.
O derradeiro debate da lexislatura constata a fin de ciclo político en Galicia
Feijóo e a oposición coinciden na apertura dunha nova etapa en Galicia que, segundo o presidente, só poderá estar liderada polo PP con independencia de que el estea ou non á fronte.
Beiras chama á "unidade popular" para "abrir un novo ciclo" tras a "barbarie"
Beiras apela ao espírito das mareas para "derrotarmos a oligarquía e abrirmos de vez un novo ciclo"
Feijóo proclama a "recuperación para todos" cunha chuvia de axudas no ano electoral
O presidente da Xunta proclama no derradeiro debate do mandato a chegada do "momento de maior compromiso social" do Goberno cun 'cheque bebé' de 100 euros ao mes e unha "baixada de impostos sen precedentes"
A UE pon Galicia como exemplo de destrución de emprego durante a crise
Un informe de Eurostat acredita que a contracción do mercado laboral galego foi das maiores da Unión entre 2009 e 2014. A ratio de poboación ocupada caeu máis de 6 puntos en media década.
Feijóo tenta reiventarse no derradeiro debate da lexislatura
Este mércores comeza no Parlamento o derradeiro debate de política xeral antes das eleccións galegas. Feijóo tentará escenificar nel un 'xiro social' e unha política de "tolerancia cero" coa corrupción.
O PP tamén perdería as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra se as votase a cidadanía
Unha simulación do reparto de escanos provinciais co mesmo sistema co que se elixen edís nos concellos deixa os conservadores sen maioría absoluta en tres das catro deputacións, mentres que en Ourense a reterían por un só deputado.
Falece Andrea aos catro días de concedérenlle a morte digna
A nena de 12 anos cunha enfermidade dexenerativa que permanecía ingresada no hospital de Santiago faleceu este venres.
Martínez cumpre á segunda e permite que PSdeG e BNG recuperen a Deputación de Lugo
O pleno da Deputación de Lugo aproba a moción de censura impulsada por socialistas e nacionalistas que desbanca a popular Elena Candia e sitúa na presidencia o socialista Darío Campos, que augura o retorno da "normalidade democrática" á institución.