O 'Baltargate' persegue a Feijóo
Toda a oposición cuestionará o presidente da Xunta no vindeiro pleno do Parlamento polo seu apoio ao barón ourensán. Mentres, esténdese a preocupación no PP galego polos efectos que o escándalo poden ter nas eleccións de decembro.
        
    
    Galicia rexistra menos emprego e menos paro que cando Rajoy comezou a gobernar
As inscricións nas oficinas de emprego en outubro aumentaron case un 3% e descenderon un 9% a respecto do pasado ano. Actualmente cotizan en Galicia unhas 951.000 persoas, mentres que en 2011 estaban afiliadas á Seguridade Social unhas 974.000.
        
    
    O PSdeG asume a presidencia da Fegamp con PP e BNG na dirección
O socialista Alfredo García convértese en novo presidente da entidade municipalista. As mareas, CxG e outras formacións presentaron lista propia, pero non lograron entrar na nova dirección e lamentan o "bloqueo" na entidade.
        
    
    Bucle aeroportuario galego en Madrid
A reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia remata sen grandes acordos e con chamadas á "coordinación". Os alcaldes da Coruña e Santiago instan a Xunta a exercer o seu "liderado" e o de Vigo acusa o Goberno galego de "querer pechar" Peinador.
        
    
    A oposición planta a Baltar tras negarse a abordar en pleno a denuncia de traballo por sexo
O PP ourensán repróchalle a PSOE, DO e BNG que "furguen" na denuncia contra o seu líder, un asunto "persoal". Os grupos da oposición esixirán agora un pleno extraordinario para pedirlle explicacións ao presidente da institución.
        
    
    O estrago laboral da mocidade galega, en catro gráficos
A poboación activa de entre 16 e 29 anos reduciuse en media década 11 puntos máis que a poboación xuvenil total. Os últimos datos da EPA amosan menos mocidade no paro que en 2009, pero tamén menos xente moza con traballo.
        
    
    Baltar non pensa na dimisión "en absoluto" e Feijóo evita pedirlla
O presidente da Deputación ourensá circunscribe ao ámbito "estritamente persoal" a denuncia da muller que o acusa de ofrecerlle traballo a cambio de sexo. O fiscal xefe de Ourense indica que o asunto non é "urxente" e aínda non decidiu se o investigará.
        
    
    Xa podes pedir votar por correo nas eleccións xerais: ollo aos prazos!
A convocatoria das eleccións xerais implica o inicio dos trámites ligados aos comicios do 20 de decembro. Estes son os prazos para votar por correo.
        
    
    O fillo do "cacique bo"
José Manuel Baltar medrou politicamente á sombra do seu pai, amo e señor da provincia de Ourense durante máis de dúas décadas que legou ao seu fillo as presidencias da Deputación e do PP provincial.
        
    
    Así traballou a representación galega nas Cortes
Os membros do Congreso e do Senado elixidos polas circunscricións galegas tramitaron máis de 37.000 iniciativas, se ben o reparto non é, nin de lonxe, equitativo. Repasamos o seu traballo na lexislatura que vén de rematar.
        
    
    Dous anos de cárcere para os exdirectivos de Novacaixagalicia
A Audiencia Nacional acondena a Gayoso, Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada polas prexubilacións irregulares. A sentenza lembra que, "no fondo", as compensacións millonarias foron sufragadas con fondos públicos.
        
    
    O paro dá unha tregua con máis temporalidade nun mercado laboral minguante
O número de desempregados descende en 29.700 no terceiro trimestre, segundo os datos da EPA, que evidencian a insuficiente creación de emprego e o constante aumento da temporalidade Os traballadores con contrato indefinido baixaron un 0,7% nun ano e os temporais medraron un 15,7%