PP e PSOE tomban a reforma fiscal do goberno de Santiago
Os populares mudan a súa postura e, no canto de votar o mantemento do IBI no 0,54%, o vixente con Hernández na Alcaldía, apoian a baixada ao 0,51% que o PSOE defendía inicialmente en solitario.
        
    
    O leite galego seguiu por baixo do prezo de custo no mes da gran tractorada
O litro de leite galego pagouse en setembro a 28 céntimos, uns tres por baixo do que custa producilo, e mantívose como o máis baixo do Estado. As organizacións agrarias seguen a esixir solucións e Medio Rural ínstaas a "sumarse" ao acordo asinado no Ministerio.
        
    
    Catro mil persoas votan as listas de Nós-Candidatura Galega
As primarias organizadas dende Iniciativa pola Unión elixen a Carlos Callón como cabeza de lista ao Congreso pola Coruña e ratifican a Olalla Rodil, Noa Presas e Carme Adán á fronte das candidaturas de Lugo, Ourense e Pontevedra. Vence reivindica a Nós como "única" opción electoral "100% galega".
        
    
    A lei impide unha segunda moción de censura na Deputación de Lugo
O PP pechou a porta a unha nova censura "agora mesmo" pero di contemplar "calquera posibilidade cara ao futuro", obviando que a lei electoral fai inviable tombar o goberno de PSdeG e BNG, se ben Martínez ten marxe para bloquear a súa xestión.
        
    
    A esquerda pecha o seu acordo para gobernar Portugal
O Partido Socialista dá por "concluída" a negociación do programa de goberno co Bloco de Esquerda, o Partido Comunista e os Verdes, e sitúa a António Costa máis cerca ca nunca de ser elixido primeiro ministro en substitución de Passos Coelho.
        
    
    Os salarios máis baixos seguen a caer en Galicia mentres os medios e altos comezan a recuperarse
Quen agora cobran apenas 400 euros brutos ao mes cobraban uns 500 antes da crise; quen cobraban 4.200 agora perciben 4.500. Un terzo da poboación asalariada galega non chega a ingresar 1.000 euros ao mes.
        
    
    O PSOE disponse a expulsar a Martínez, que admite os seus contactos co PP
O alcalde de Becerreá fica suspendido temporalmente de militancia e os socialistas lucenses reclaman que o Pacto Antitransfuguismo actúe contra el e mais contra o PP de Lugo. O rexedor acusa a súa formación de "enganalo" e di ter a intención de permanecer na Deputación todo o mandato.
        
    
    A fenda entre créditos e depósitos bancarios en Galicia bate o seu récord
Os bancos prestan en Galicia practicamente o mesmo que antes dos anos da burbulla, pero manexan 24.000 millóns máis en depósitos, o que consolida o país como fornecedor neto de crédito para outros territorios do Estado.
        
    
    Feijóo recoloca na Xunta dirixentes do PP que perderon os seus cargos tras as municipais
O Consello da Xunta aproba o retorno de Diego Calvo á delegación do Goberno na Coruña e Rey Varela anuncia a incorporación do exalcalde de Ponte Caldelas á xerencia do Consorcio de Benestar.
        
    
    Baltar evita aclarar se recoñece a súa voz nas gravacións da denuncia de traballo por sexo
O barón ourensán elude falar sobre a acusación de acoso durante unha tensa comparecencia no Parlamento galego na que toda a oposición lle esixiu explicacións e que abandone o seu cargo.
        
    
    A Xunta asenta na irrelevancia o orzamento para fomentar o galego
Política Lingüística manexa agora un 60% menos de fondos que cando o PP retornou á Xunta e en 2016 o seu orzamento fica á marxe dos incrementos.
        
    
    Electorado galego polo mundo: así se distribúen os "residentes ausentes"
Máis de 400.000 persoas residentes en 140 países están inscritas no CERA galego para as eleccións xerais. Os controis instaurados en 2011 reduciron as recorrentes fraudes, pero dificultaron tamén a participación de persoas emigradas recentemente. Este censo aumentou un 80% dende finais dos 90.