As mareas municipais toman a iniciativa para a confluencia nas eleccións galegas
Unha corentena de plataformas municipalistas acordan na Estrada iniciar o proceso para "explorar" a conformación dunha candidatura para os comicios galegos con "máis participación" e "confluencia máis ampla".
O BNG elixirá liderado, liña política e alianzas o 28 de febreiro
Vence ratifica que non optará a recuncar na portavocía na Asemblea Nacional da formación frontista, cuxa dirección aposta por un debate "construtivo" e cambios "profundos" que vaian alén da estratexia electoral.
O rural galego ingresaría 1.000 millóns máis ao ano se o leite se pagase ao prezo medio do Estado
Os prezos do leite galego seguen a ser os máis baixos do Estado. Analizamos coa axuda dun enxeñeiro agrícola as causas e consecuencias desta circunstancia nas explotacións galegas e os seus retos de futuro.
A xuíza da Operación Zeta imputa o 'conseguidor' que vincula a trama con Feijóo
A instrutora da presunta trama de fraude en subvencións públicas cita en calidade de investigado a Pachi de Lucas e mais aos dous anteriores directores xerais de Formación da Xunta. A exconselleira de Traballo e actual titular de Medio Ambiente, Beatriz Mato, terá que declarar como testemuña.
Os gobernos urbanos en minoría examínanse nos seus primeiros orzamentos
A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol comezan 2016 cos seus concellos inmersos nas negociacións das contas municipais para este ano, que nos cinco casos esixen pactos coa oposición. Vigo e Pontevedra sacaron adiante os seus proxectos antes do remate do ano.
Así muda a percepción do machismo entre adolescentes tras se formar en igualdade
Un estudo realizado en catro institutos de Secundaria de Santiago amosa a efectividade da formación en igualdade para identificar actitudes machistas. Máis da metade do alumnado, de entre 14 e 18 anos, asegura coñecer parellas nas que existe a violencia
Panel de control para seguires o traballo da representación galega no Congreso
Dende este 13 de xaneiro está en marcha a nova lexislatura estatal. Neste panel podes seguir as intervencións e iniciativas que formulen as 23 persoas elixidas por PP, En Marea, PSdeG e Ciudadanos nas circunscricións galegas.
A Xunta ábrese á fin dos parques de bombeiros privados tras anos impulsándoos
Rueda accede a estudar o cambio de modelo dos parques comarcais de bombeiros a proposta dos presidentes das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra: "A xestión directa é a máis axeitada", din os socialistas.
Besteiro non declara ante De Lara pola ausencia dos seus avogados
O secretario xeral do PSdeG lamenta que e a maxistrada impedise fixar unha data na que puidese contar coa súa defensa e di "non entender que acontece" nos xulgados de Lugo. "O fondo da cuestión é que non hai caso", resalta.
O novo Goberno portugués dálle prioridade á mellora do tren Porto-Vigo
O gabinete de António Costa manifesta nunha conferencia en Gaia a súa aposta por cumprir a promesa de electrificar a liña para reducir o tempo da viaxe ata a cidade galega, que actualmente supera as dúas horas.
O Sergas tornou 2015 no ano con menos información das listas de espera
O pasado foi o ano no que o Servizo Galego de Saúde menos informou sobre as listas de agarda dende que estas son públicas ao diminuír a periodicidade dos informes, mudar a presentación dos datos e dificultar o acceso aos de períodos anteriores.
O PP aférrase a Feijóo dez anos despois de encomendarlle o posfraguismo
Esta semana cúmprense unha década dende que o PPdeG designou o actual presidente da Xunta como sucesor de Fraga nun congreso ao que chegou como único candidato e no que prometeu fortalecer o autogoberno. O partido afronta agora un incerto ano electoral coa incógnita de se o seu líder recuncará como cabeza de cartel.