Feijóo teima en que no PP "hai primarias" aínda que os seus estatutos as impiden
As normas internas dos populares fixan o voto por delegación como sistema para escoller liderados autonómicos e estatais. Os propios populares galegos admiten no seu relatorio político que as primarias non son posibles e reclaman mudanzas para celebralas.
A espera da dependencia duplicouse en Galicia tras a fin da 'maquillaxe' do Goberno central
Coa fin da moratoria imposta polo Goberno central a lista de espera en Galicia pasou nun mes de 12.400 persoas a máis de 27.000. A comezos de 2016, había máis de 23.000 persoas dependentes a agardar pola axuda á que teñen dereito.
Unha denuncia de fraude crispa o único congreso provincial do PPdeG con máis dunha candidatura
Militantes de Sarria afíns á candidata Raquel Arias amagan con impugnar o proceso congresual do PP de Lugo polo impedimento de que máis de 100 persoas votasen na elección de compromisarios
A Xunta anuncia que a radioterapia funcionará en Lugo cinco anos despois do prometido por Feijóo
O conselleiro de Sanidade visita a radioterapia do HULA, financiada por Amancio Ortega, e asegura que atenderá pacientes "en breve". Feijóo asegurou que estaría operativa antes da fin de 2011.
En Marea reitera o "non" a Sánchez coa vista posta nas eleccións galegas
Alexandra Fernández advirte ao PSOE da necesidade de que o seu pacto con Ciudadanos non frustre a "alternativa" ao PP en Galicia e reclámalle compromisos concretos como a marcha de ENCE da ría ou a investigación de Angrois. Vídeo no interior
Feijóo gábase de que lle ofreceu ao PSOE a alcaldía de Santiago
O presidente da Xunta recupera a oferta aos socialistas para impedir o acceso de Compostela Aberta á alcaldía da capital galega en pleno debate sobre a negociación do futuro Goberno de España.
Feijóo, á espera do fracaso de Sánchez para decidir o seu futuro
O presidente da Xunta presenta o período entre o 5 e o 13 de marzo como clave para coñecer se recunca á fronte do PP galego e se desbota de vez ou non o adianto electoral en Galicia
A esperanza de vida da poboación galega maior de 65 xa se achega aos 25 anos
A expectativa vital media en Galicia aumentou tres anos dende o 2000 e xa supera os 86 anos entre as mulleres. En territorio galego hai xa máis maiores de 85 anos que infancia menor de cinco.
Os mobles que nunca saíron de San Caetano
Hai sete anos o actual presidente da Xunta prometeu desfacerse dos mobles empregados polo seu antecesor ao consideralos "un insulto á dignidade dos galegos" e propios "do sultán de Brunéi", pero seguen onde estaban.
Pontón asume o liderado do BNG co reto de ser "clave no cambio político"
A militancia do Bloque aproba iniciar un proceso de "refundación" que finalice no prazo máximo dun ano e pon á fronte a Ana Pontón, primeira muller e primeira militante da UPG na portavocía nacional
A militancia do BNG desbota de vez o achegamento ás mareas
As emendas e votos particulares que apostaban por explorar alianzas electorais coas forzas do espazo de En Marea son rexeitadas por en torno a un 70% do plenario da Asemblea Nacional do Bloque, que aproba o relatorio oficial.
Vence despídese do liderado do BNG apelando ás "alianzas" para "derrotar o PP"
A Asemblea Nacional do BNG aborda este domingo o novo camiño político da formación frontista que, previsiblemente, pasará a estar encabezada por Ana Pontón.