Que elixe Galicia nas xerais?
As circunscricións galegas achegan ao Congreso dos Deputados 23 escanos. Historicamente, esta representación estivo dominada polas grandes forzas estatais, especialmente en Lugo e Ourense.
O PSOE muda as catro cabezas de lista galegas para as xerais
Besteiro enmarca a substitución de Laura Seara como cabeza de lista en Ourense no proceso de "renovación" do partido. Pedro Sánchez "agarda" que o actual secretario xeral do PSdeG poida optar á Presidencia da Xunta en 2016.
As forzas participantes no foro de Marea.gal apostan por ir "unidas" ás xerais e ás galegas
Anova, Cerna, Compromiso por Galicia, Espazo, Equo, EU e Podemos traballan nunha "coalición electoral técnica" cara ao 20-D mentres Iniciativa pola Unión e o BNG lamentan que o "veto" a outras forzas impida a unidade.
Pilar de Lara desfaise dunha das pezas centrais do caso Pokémon
A instrutora do caso que condiciona a política galega dende hai máis de catro anos remítelle a peza ao Xulgado Central de Instrución e suxire que o asunto podería rematar na Audiencia Nacional.
O penúltimo capítulo da lexislatura galega remata sen grandes acordos
Os populares sacan adiante en solitario as promesas de axudas lanzadas por Feijóo para o ano electoral e os grupos acadan a unanimidade en iniciativas de apoio ao persoal de Alcoa e os mariñeiros de Noruega e en contra da violencia machista.
Ata sempre, Nacho
David LombaoFranco queda sen medalla de ouro en Pontevedra por unanimidade
O vindeiro luns todos os grupos da corporación pontevedresa aprobarán retirarlle a distinción municipal ao ditador, outorgada en 1944. O acordo enmárcase nas homenaxes ás vítimas da represión franquista na cidade, que se estenderán durante todo o 2016.
"Decepcionoume o PSOE, en materia fiscal propón o mesmo que o PP"
ENTREVISTA María Rozas, edil de Facenda e Orzamentos do Concello de Santiago, defende a proposta de reforma do imposto de bens inmobles que impulsa o goberno local para darlle carácter "progresivo" e lamenta que o PSOE local reclame "triplicar" o investimento social e, ao tempo, pida rebaixas tributarias.
Técnicos de Facenda recean da baixada de impostos "sen precedentes" prometida por Feijóo
A organización GESTHA advirte de que "non é o momento axeitado" para as rebaixas prometidas por Feijóo para o ano electoral polas dúbidas de Bruxelas sobre os orzamentos do Estado, que afectan tamén ás autonomías
As instrucións 'eternas' amplifican os receos en torno ás macrocausas xudiciais en Galicia
As críticas da Fiscalía e do TSXG pola lentitude na instrución dos casos Carioca e Pokémon e á xuíza Pilar de Lara reabren o debate en torno aos grandes e inacabados sumarios sobre presunta corrupción. Recollemos as análises do Ministerio Público e da xudicatura e analizamos ditames ao respecto.
O derradeiro debate da lexislatura constata a fin de ciclo político en Galicia
Feijóo e a oposición coinciden na apertura dunha nova etapa en Galicia que, segundo o presidente, só poderá estar liderada polo PP con independencia de que el estea ou non á fronte.
Beiras chama á "unidade popular" para "abrir un novo ciclo" tras a "barbarie"
Beiras apela ao espírito das mareas para "derrotarmos a oligarquía e abrirmos de vez un novo ciclo"