Vinte días para que a Xunta considere casinos separados por quilómetros como un só local
En marcha o regulamento que desenvolve a modificación lexislativa aprobada polo Goberno en 2014 e que permitirá a apertura de casinos en Vigo e Santiago coa consideración legal de "salas adicionais" dos da Toxa e A Coruña.
26-X, o 3-0 de Feijóo?
David Lombao
O PP de Ourense promove a reprobación do voceiro do PSdeG na Deputación tras blindar a Baltar
Os populares defenderán no vindeiro pleno unha moción para pedir a dimisión do socialista Ignacio Gómez polas súas críticas á misión comercial 'USA-Ourense', un dos proxectos estrela do presidente da Deputación. "Non me van amedrentar", afirma o deputado.
O Parlamento celebra os 35 anos do Estatuto co autogoberno conxelado
O lexislativo galego entrega as súas Medallas nun acto solemne cando restan poucos meses para que Galicia peche unha lexislatura por segunda vez consecutiva sen ningunha competencia nova.
O Supremo condena a Xunta por avaliar exames de oposición sen "criterios obxectivos"
O alto tribunal subliña a "ausencia de criterios obxectivos" sobre a avaliación da parte práctica dun proceso selectivo de 2010 e obriga a repetir a cualificación. A Administración indica que a sentenza só obriga "a motivar máis a contestación á reclamación" da opositora que recorreu.
"A miña familia foi represaliada polo franquismo, só pido que quen o mandou non teña unha rúa en Ribeira"
ENTREVISTA Os avós de Celia García Pillado sufriron a represión franquista en Ribeira mentres o xefe local de Falange era Miguel Rodríguez Bautista, alcalde da ditadura que mantén unha rúa na vila tras rexeitar o pleno municipal a iniciativa na que BNG, PSdeG e Ciudadanos pedían a súa retirada.
Ana Pastor multiplica os seus eventos en Galicia mentres se nega a comparecer no Congreso
A ministra de Fomento en funcións non acudiu este martes ao Congreso, onde tiña ata nove comparecencias. Os luns das últimas semanas adoita protagonizar actos en Galicia nos que anuncia ou repasa investimentos do seu departamento
Feijóo abre a porta a deixar a política galega se non logra maioría absoluta
O actual presidente asegura que o electorado terá na súa man "decidir que siga en política". PSdeG, En Marea e BNG avanzan na procura de candidaturas e programas tras coñecer que Feijóo recunca no PP.
O lume queimou case 12.000 hectáreas nos montes galegos durante 2015
O pasado ano arderon en Galicia unhas 10.000 hectáreas máis que en 2014, que fora o mellor da serie histórica. Unhas 7.000 hectáreas afectadas polas lapas atopábanase na provincia de Ourense, onde o incendio de Cualedro arrasou máis de 3.000.
Feijóo escenifica o 'sacrificio' de volverse presentar: "Non elixín o máis cómodo"
O presidente da Xunta confirma que aspirará a un terceiro mandato á fronte do Goberno galego nun discurso no que apelou á emotividade. "Sempre que tiven a oportunidade de escoller, escollín Galicia", di.
O 70% da poboación galega concéntrase no 6% do territorio do país
A poboación galega escora cara ao litoral atlántico ás cidades, deixando practicamente baleiro o resto do país. En menos de 1.900 quilómetros cadrados viven case 1,9 millóns de persoas.
A oposición agarda sen candidatos a que Feijóo escenifique que recunca
PSdeG, En Marea e BNG xa non dubidan de que se terán que enfrontar ao actual presidente nunhas eleccións aínda sen data e para as que aínda non iniciaron os procesos de elección de candidaturas.