Feijóo ve na denuncia da hepatite un "xuízo sumarísimo á sanidade pública"
O presidente da Xunta atribúe á oposición as acusacións da Fiscalía e cualifícaas de "disparate" e "insulto" mentres se gaba de "pagar" os tratamentos. PSdeG, AGE e BNG esixen sen éxito que o popular se desculpe.
Almuiña intenta frear o escándalo da hepatite C e carga contra a "demagoxia" da oposición
"Poderán manipular os mortos, pero os datos están aí", asegura o conselleiro na Cámara, onde a oposición o cualificou como a "voz do amo" e acusou a Feijóo de "covardía" por non dar conta do atraso ou veto de medicación que denuncia a Fiscalía.
Pedro Sánchez descoloca o PSdeG coa súa enquisa de candidatos á Xunta
Os diversos sectores do socialismo galego non contemplan a posibilidade de que a dirección federal promova un candidato alleo ao partido. A xestora reduce a inclusión de Antón Losada á intención de "comparar" posibles candidatos con alguén "de fóra" que teña proxección pública.
Os deputados galegos de PP e C's non presentaron ningunha iniciativa en catro meses
Os rexistros dos representantes de En Marea e PSdeG no Congreso suman 186 iniciativas no que vai de lexislatura. Se cómpre repetir as eleccións xerais, todas as propostas aprobadas ficarán sen efecto.
Galicia acumula unha década sen remuda xeracional para a poboación que se xubila
Por cada 100 persoas de entre 15 e 19 anos que viven en Galicia hai máis de 161 que están a piques de retirárense do mundo laboral.
Doentes de hepatite esixen "desculpas" de Feijóo: "O noso único interese era non morrer"
A Plataforma de Afectados pola Hepatite C lamenta que o presidente da Xunta careza "da máis mínima empatía e compaixón" ao "quitarlle ferro" aos atrasos de tratamentos que investiga a Xustiza e advirte de posibles "novidades" no proceso.
Sousa moveu a súa 'offshore' nas Illas Virxes xusto antes do afundimento de Pescanova
Os 'papeis de Panamá' revelados por El Confidencial indican que o expresidente de Pescanova mantiña parte das accións coa que controlaba a empresa no territorio considerado como paraíso fiscal. A contorna do empresario mantén que "nunca se usou para obter ningunha vantaxe fiscal".
Un colexio médico alertou a Xunta do veto a tratamentos de hepatite un mes antes da denuncia
O Colexio Médico de Pontevedra advertiu nunha carta en febreiro de 2015 a un dos cargos do Sergas agora imputado de que "os criterios economicistas" estaban obstaculizando o acceso aos fármacos de última xeración.
Feijóo proclama xunto a Baltar que só o PP "merece" gobernar Galicia
O presidente da Xunta mantén encontros por toda Galicia con militantes do PPdeG para "mobilizar" o partido cara ás eleccións galegas. Neles, Feijóo gábase de "non ser un produto das redes sociais" nin "un showman".
O Congreso debaterá a investigación de Angrois, "absurda" e "miserable" para o PP
O pleno da Cámara Abaixa decidirá a vindeira semana se investiga o sinistro do Alvia, como pide En Marea. Aínda que sexa aprobada, a comisión ficará disolta se cómpre repetir as eleccións xerais.
Feijóo tenta frear o escándalo da hepatite enviando o conselleiro de Sanidade ao Parlamento
Almuíña anuncia que comparecerá no Parlamento para "informar" do "proceso de autorización dos tratamentos" mentres a oposición esixe que o faga Feijóo.
Un dos imputados por atrasar tratamentos da hepatite dirixe o proxecto sanitario estrela de Feijóo
O actual xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, leva meses no centro da controversia pola súa xestión á fronte do hospital Álvaro Cunqueiro.