Baltar desbota que o seu caso prexudique o PP e traballará por unha "gran vitoria" de Rajoy
O barón ourensán augura que o 20-D a dirección do partido poderá "celebrar" un novo triunfo en Ourense tras unha campaña na que a dirección do PPdeG non prevé cambios no seu papel a respecto de anteriores comicios.
As persoas sen fogar claman por "solucións políticas" e contra a criminalización
Cáritas remata os actos organizados co gallo do Día das Persoas sen Fogar, no que persoas participantes dos seus programas apelaron aos "políticos responsables". A entidade destaca o déficit de prazas de albergues, que a Xunta deu por "libres".
A Xunta aprobará o seu 'cheque bebé' horas antes do inicio da campaña electoral
O Consello do vindeiro xoves abordará o "contido e alcance" da "tarxeta familiar" de 100 euros para "o 85%" das nenas e nenos que nazan en Galicia durante o ano electoral de 2016.
Baltar bloquea o acceso da veciñanza á Deputación e PSdeG e BNG denunciarano
O PP volve ficar só na defensa do presdiente ourensán ante a denuncia de emprego por sexo nunha tensísima sesión plenaria na que cargos populares inzaron os postos destinados ao público. Vídeo no interior
O comité ético dimitiu tras advertir que Baltar "non admite" nin "nega" a oferta de emprego por sexo
A acta asinada polos membros dimisionarios do comité de ética da Deputación de Ourense resalta que a resposta do barón do PP ourensán á petición de explicacións non foi "satisfactoria" nin "contundente".
Dimite en pleno o comité ético de Ourense antes de ditaminar sobre o caso Baltar
Todos os membros do organismo encargado de velar polo cumprimento do código ético da Deputación abandonan os seus postos antes de pronunciárense, a instancias do PSdeG, sobre a denuncia de emprego por sexo contra o barón popular.
Feijóo volve amparar a Baltar no día contra a violencia machista
O presidente da Xunta equipara agora a denuncia de ofrecer emprego por sexo co caso Pokémon e asegura que só actuará con "firmeza" cando haxa unha resolución xudicial. O BNG ínstao a promover a destitución do barón ourensán e condenar o seu "nepotismo".
Martínez volve pactar co PP para retirarlle competencias ao goberno da Deputación de Lugo
O alcalde de Becerreá estrea a súa saída do PSdeG apoiando unha moción popular para minguar capacidade á Xunta de Goberno e os populares acéptanlle unha emenda para dotalo de "recursos" como deputado non adscrito.
A Fiscalía pide dous anos de cadea para o alcalde de Barreiros polas urbanizacións sen auga nin luz
O Ministerio Público considera que o rexedor barreirense e o seu gabinete incorreron en prevaricación administrativa ao autorizar milleiros de vivendas sen servizos. Alfonso Fuente (PP) declárase "tranquilo" e defende o procedemento, que a Xunta tentou legalizar.
Sanidade defende que os quirófanos en camións melloran a igualdade entre pacientes
A Xunta admite que empregará estes camións para atender a maior demanda sanitaria no verán, mentres pecha camas. Oposición e sindicatos ven un "desbalde" nestes equipamentos, dos que a empresa adxudicataria destaca que teñen mesmo "aseos para clientes".
O PP esfórzase en facer ver que Ciudadanos "é socialista"
Os conservadores lanzan unha campaña para identificar a Rivera co PSOE ante o temor de que parte do seu electorado pase ao partido laranxa.
A Xunta responde en novembro unha pregunta parlamentaria sobre as municipais de maio
O Goberno galego rexistrou o pasado día 6 a resposta a unha pregunta formulada por AGE en abril sobre a candidatura do popular Nelson Santos aos comicios locais. A resposta chega medio ano despois da saída de Santos da alcaldía do Porriño.