Pachi Vázquez dimite para non "agocharse no Parlamento" da investigación por prevaricación
O ex secretario xeral dos socialistas abandona o seu escano na Cámara antes de, con toda probabilidade, ser xulgado por un presunto delito de prevaricación continuada na súa etapa como alcalde do Carballiño. Vázquez reitera a súa "tranquilidade" e sinala que se defenderá "como un cidadán máis".
A Galicia urbana destruíu unha cuarta parte do seu emprego xuvenil dende 2011
As sete cidades galegas perderon máis de 12.000 cotizantes á Seguridade Social menores de 30 anos no último cuatrienio. O peor comportamento foi o da Coruña, Santiago e Ferrol.
A mentira cotiá: dos 45 días de Feijóo aos 30 anos de Beiras
O presidente da Xunta reitera que o líder de AGE leva varias décadas "cobrando a nómina" como deputado, aínda que é tan incerto como que el prometese acabar co paro en 45 días tras gañar as eleccións de 2009.
Interior prohibe que deputadas do PSdeG visiten cárceres galegos
Institucións Penitenciarias veta a visita das socialistas Carmen Acuña e Patricia Vilán ás prisións de Teixeiro e A Lama. As parlamentarias sospeitan que o Ministerio tenta "ocultar" a situación destes recintos e da poboación reclusa.
A AP-9 xa remonta a recadación por peaxes mentres reduce o persoal a un mínimo histórico
A AP-9 ingresou 127,8 millóns de euros por peaxes en 2014, un 2% máis que no ano anterior, mentre o tráfico subiu só un 0,4% e seguiu prescindindo de persoal e instalando peaxes automáticas.
Nicolás Maduro na precampaña municipal galega
O PP utiliza a figura da proposición non de lei, encamiñada a instar a Xunta a tomar medidas, para instar o Goberno de Venezuela a cumprir a súa constitución.
Feijóo ve "ambigüidade e demagoxia" no traslado de ENCE, que prometeu en 2009 e 2012
O presidente da Xunta reclama, nunha resposta ao BNG, que "non empecemos a enganar a xente outra vez" porque "a alternativa non é o traslado", senón o peche, e censura que o Concello pontevedrés recolla premios en Dubai e Nova York.
Hernández contra a primavera
As entidades organizadoras da Feira da Primavera, no barrio compostelán de San Pedro, denuncian que a negativa do Concello de Santiago a proporcionar os enganches eléctricos que lles facilitou durante anos pon en risco a continuidade deste e doutros eventos autoxestionados.
O PP galego proclámase "limpo" de corrupción
Os populares comezan a tramitar en solitario a súa reforma do Consello de Contas, que lle atribuirá ao ente competencias de "prevención" das prácticas corruptas pero non máis medios. A oposición ve no texto unha manobra "propagandística" de precampaña.
Lugo e Vigo, hospitais de campaña (electoral)
A apertura do Hospital Lucus Augusti foi un dos argumentos do PP na campaña municipal de 2011. Catro anos despois o complexo lucense tornou nunha das grandes dores de cabeza dos populares, que botan man do hospital de Vigo como baza sanitaria para o 24-M.
A Pokémon sitúa a afinidade co PP coruñés como vía para ter traballo no máis profundo da crise
Os investigadores detectan unha rede de presunto "tráfico de influencias" no Concello canalizado a través do tenente de alcalde. A información atopada nos ordenadores municipais amosan o intercambio de currículos, recomendacións e agradecementos.
O BNG recárgase para "encher Galiza de Pontevedras"
O Bloque reivindica o modelo dos concellos que goberna nun encontro nacional cun milleiro de persoas co que se lanza á carreira electoral do 24-M