A esperanza de vida da poboación galega maior de 65 xa se achega aos 25 anos
A expectativa vital media en Galicia aumentou tres anos dende o 2000 e xa supera os 86 anos entre as mulleres. En territorio galego hai xa máis maiores de 85 anos que infancia menor de cinco.
Os mobles que nunca saíron de San Caetano
Hai sete anos o actual presidente da Xunta prometeu desfacerse dos mobles empregados polo seu antecesor ao consideralos "un insulto á dignidade dos galegos" e propios "do sultán de Brunéi", pero seguen onde estaban.
Pontón asume o liderado do BNG co reto de ser "clave no cambio político"
A militancia do Bloque aproba iniciar un proceso de "refundación" que finalice no prazo máximo dun ano e pon á fronte a Ana Pontón, primeira muller e primeira militante da UPG na portavocía nacional
A militancia do BNG desbota de vez o achegamento ás mareas
As emendas e votos particulares que apostaban por explorar alianzas electorais coas forzas do espazo de En Marea son rexeitadas por en torno a un 70% do plenario da Asemblea Nacional do Bloque, que aproba o relatorio oficial.
Vence despídese do liderado do BNG apelando ás "alianzas" para "derrotar o PP"
A Asemblea Nacional do BNG aborda este domingo o novo camiño político da formación frontista que, previsiblemente, pasará a estar encabezada por Ana Pontón.
As oficinas de emprego galegas só logran o 4% dos traballos que atopan as persoas en paro
Das máis de 289.000 baixas por colocación rexistradas durante 2015, apenas 10.500 tiveron na súa orixe unha oferta de traballo tramitada polo Servizo Público. Nos últimos anos os gobernos galego e español reforzaron o papel das axencias privadas.
O mar bótaselle á rúa a Feijóo
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela baixo a chuvia e a sarabia polo "futuro do sector do mar". O rexeitamento á retirada lei de acuicultura foi a base para a unidade na mobilización, que para o PP "non ten sentido" e é froito da "manipulación" da oposición.
A converxencia de Galicia coa renda europea xa retrocedeu todo o avanzado antes da crise
Galicia está 20 puntos por baixo da riqueza media por habitante na UE e 15 puntos por tras do obxectivo marcado pola Xunta para o ano 2014. Eurostat calcula que a renda media galega é de 22.000 euros.
Catro guieiros aos que atender na Asemblea Nacional do BNG
O Bloque afronta o vindeiro domingo unha transcendental asemblea nacional na que o xeito de "refundarse" ou a estratexia electoral serán dúas das claves dun debate tras o que, previsiblemente, Ana Pontón se converterá na nova portavoz nacional.
Feijóo di que a mesa de contratación adxudicará a Inaer e Indra a base de drons de Rozas
Feijóo indicou en rolda de prensa que empresas serían adxudicatarias do proxecto antes de que a documentación sexa amosada nas canles oficiais. O Goberno galego augura a creación de 600 postos de traballo e aplicacións civís dos avións non tripulados, mentres que AGE alerta dos usos militares do complexo.
O goberno Feijóo acerta na súa previsión de crecemento económico por primeira vez
O crecemento económico galego mantén a súa fenda negativa a respecto da media estatal ao avanzar en 2015 un 2,1%, algo máis dun punto por baixo.
A aplicación do pacto de PSOE e Ciudadanos sobre imputacións non atinxiría a Besteiro nin a Caballero
O acordo asinado por Sánchez e RIvera implica o cesamento de cargos e a non inclusión en listas de persoas investigadas por iniciativa da Fiscalía e a partir da sinatura do documento.