Feijóo escenifica o 'sacrificio' de volverse presentar: "Non elixín o máis cómodo"
O presidente da Xunta confirma que aspirará a un terceiro mandato á fronte do Goberno galego nun discurso no que apelou á emotividade. "Sempre que tiven a oportunidade de escoller, escollín Galicia", di.
O 70% da poboación galega concéntrase no 6% do territorio do país
A poboación galega escora cara ao litoral atlántico ás cidades, deixando practicamente baleiro o resto do país. En menos de 1.900 quilómetros cadrados viven case 1,9 millóns de persoas.
A oposición agarda sen candidatos a que Feijóo escenifique que recunca
PSdeG, En Marea e BNG xa non dubidan de que se terán que enfrontar ao actual presidente nunhas eleccións aínda sen data e para as que aínda non iniciaron os procesos de elección de candidaturas.
Galicia rexistra a maior cifra de suicidios en vinte anos
As mortes por suidicio superan os falecementos por accidente de tráfico dende o ano 2008. O Movemento Galego da Saúde Mental e expertos da UDC ligan o incremento coa crise económica e recomendan políticas sociais, sanitarias e de emprego para atallalo.
Alén do AVE: Cando hai que ir a pé polas vías para coller o 'rexional'
Veciñanza de Curtis quéixase formalmente a Renfe e Adif por teren que cruzar as vías "sen seguridade ningunha" para acceder aos trens que pasan polo municipio.
Feijóo: "Os galegos non somos tan parvos como para ir a Venezuela"
O presidente da Xunta agrega os saldos migratorios de 2008 a 2014 para afirmar que en Galicia segue a "entrar" máis xente da que "sae". O xefe do Goberno esgrime que Castelao nunca "dubidou" do seu "carácter español e europeo".
A Coruña gaña un escano e elixirá un terzo do Parlamento galego nas eleccións
A perda de poboación provocará que o reparto de escanos realizado segundo a fórmula da lei de eleccións lle asigne á Coruña o escano que perderá a provincia de Lugo
A Xunta evita revelarlle ao Parlamento o custo das dietas nas viaxes oficiais
O Goberno galego responde unha pregunta do PSdeG sobre as indemnizacións dos altos cargos nas viaxes limitándose a citar a normativa que as regula. O Portal de Transparencia só inclúe neste eido, polo momento, unha transcrición da última comparecencia do director de Relacións Exteriores.
Un mes para decidir se en Galicia hai eleccións anticipadas
O 3 de maio convocaranse automaticamente novas eleccións xerais se os partidos non chegan a un acordo. Esa mesma data é o límite para que Feijóo disolva o Parlamento se desexa celebrar comicios o 26 de xuño.
Feijóo suxire que Podemos "permite" atentados como os de Bruxelas
O presidente da Xunta combina a mensaxe de condena dos ataques e solidariedade cara ás vítimas co ataque á formación de Pablo Iglesias por non secundar o pacto antixihadista.
BNG, PSdeG e C's promoven retirar a rúa a un alcalde franquista de Ribeira e o PP négase
Os grupos do Bloque, socialistas e Ciudadanos piden substituír a rúa dedicada Miguel Rodríguez Bautista polo de Xosé Neira Vilas. O actual rexedor, Manuel Ruiz Rivas, ve unha "ignominia" na proposta e négase a "manchar o nome" do cargo da ditadura.
O Consello da Xunta duplica a aprobación de asuntos sen valor legal no inicio do ano electoral
No que vai de ano o Goberno galego tratou en cada xuntanza semanal unha media de seis informes, documentos destinados a colocar na axenda pública asuntos de interese do Executivo pero sen tradución económica ou xurídica ningunha.