BNG, PSdeG e C's promoven retirar a rúa a un alcalde franquista de Ribeira e o PP négase
Os grupos do Bloque, socialistas e Ciudadanos piden substituír a rúa dedicada Miguel Rodríguez Bautista polo de Xosé Neira Vilas. O actual rexedor, Manuel Ruiz Rivas, ve unha "ignominia" na proposta e négase a "manchar o nome" do cargo da ditadura.
O Consello da Xunta duplica a aprobación de asuntos sen valor legal no inicio do ano electoral
No que vai de ano o Goberno galego tratou en cada xuntanza semanal unha media de seis informes, documentos destinados a colocar na axenda pública asuntos de interese do Executivo pero sen tradución económica ou xurídica ningunha.
Besteiro querélase contra De Lara por "prevaricar" imputándolle feitos anteriores ao seu mandato
O exsecretario xeral do PSdeG interpón unha querela por prevaricación xudicial contra a instrutora da Operación Pulpo. Os avogados do socialista acusan a maxistrada de "ocultar" as datas de viaxes pagadas pola Deputación lucense antes da súa chegada á presidencia.
Os helicópteros do 061 volven parar en horas con luz por mor dos recortes
O persoal das urxencias sanitarias advirte de que dende mediados de marzo a finais de setembro os helicópteros operan só 12 horas, pero o horario de luz solar é maior. Alertan ademais de que o heliporto do Álvaro Cunqueiro segue sen poder ser usado.
O PPdeG admite que repetir maioría absoluta será "complicado, con Feijóo ou sen Feijóo"
As enquisas que circulan nos últimos días afastan o PP do horizonte da absoluta e, neste escenario, Pedro Puy afirma que o partido aspira á "maioría suficiente para gobernar" mentres reitera a necesidade de que o actual presidente da Xunta recunque como candidato.
Pontón: "Se a sociedade vota por un cambio, o BNG dialogará para poñelo en marcha"
ENTREVISTA Ana Pontón púxose á fronte do BNG nun dos transos máis críticos da formación e formúlase o reto de liderar o "fortalecemento do nacionalismo" mentres, ao tempo, procura que a formación sexa "determinante na derrota do PP" nas vindeiras eleccións.
A dirección do PPdeG 'premia' a Baltar co congreso autonómico en Ourense
Os populares convocarán o 2 de abril o conclave no que Feijóo será reelixido ou substituído e ratifican que "en todo caso" a cita se celebrará en Ourense, como pediu o barón provincial
A fenda salarial entre Galicia e España foi en 2015 a maior dende o inicio da crise
Durante o pasado ano o soldo medio galego chegou a ser 305 euros inferior ao soldo medio español. Os custos salariais permanecen practicamente estancados no país.
Besteiro dimite como líder do PSdeG: "É o mellor para o partido e para o país"
Unha semana despois de que a xuíza De Lara o imputase na 'Operación Pulpo' e tras renunciar á candidatura á Xunta o líder dos socialistas galegos vén de renunciar ao seu cargo. Pilar Cancela presidirá a xestora que asume o control do partido.
A Xunta quebrantou a normativa europea ao prorrogar 10 anos as concesións de autobuses
O Tribunal Supremo anula a ampliación das concesións coas empresas de transporte de viaxeiros que o Goberno de Feijóo aprobou pola vía de urxencia pouco despois de chegar ao poder.
A Deputación de Lugo advirte de que "se atribúen a Besteiro" viaxes "subvencionadas polo PP"
O voceiro do goberno da entidade provincial lucense resalta que as viaxes con cargo ao fondo social foron suprimidas coa chegada de Besteiro e afirma que "en Lugo está instalada a sensación de que non hai separación do poder xudicial e do político". Facturas no interior.
A Xunta devolverá en precampaña a paga extra que debe ao persoal público dende 2012
A Consellería de Facenda anuncia que achegará en abril un 25% da paga retida hai catro anos e en setembro, o 25% restante. As centrais sindicais ven "electoralismo" no anuncio e reivindican a devolución dos fondos aínda pendentes.