A cifra de doentes a agardar no Sergas sobe a niveis de hai dez anos malia os traspasos á privada
O dato de persoas a agardar por unha operación cirúrxica no peche de 2015 foi o peor nun mes de decembro na última década.
O PP galego disponse a remudar todos os seus baróns provinciais agás Baltar
Feijóo renuncia por segunda vez a tentar desbancar o baltarismo malia á investigación xudicial que afecta o barón ourensán. Negreira, Barreiro e Louzán retíranse nun clima marcado pola incógnita do futuro de Feijóo.
Así sería Lugo pensado para as bicicletas
O Concello lucense prevé comezar a despregar un proxecto que propón despregar 65 quilómetros de "itinerarios ciclistas, non carrís bici", por toda a cidade. O goberno local valora acceder a fondos europeos para inciar a implantación do plan. Comproba con esta ferramenta cal sería o resultado.
O Papa alerta tras o escándalo de Santiago contra a "inseminación artificial" dos conventos
Francisco insta as relixiosas a "acoller con seriedade" as "vocacións" estranxeiras e, ante a mingua de membros nos conventos, non empregar ningún método que non sexa "rezar con intensidade"
As mareas forman grupos de traballo ante un eventual adianto das eleccións galegas
Mentres o papel dos partidos se mantén na incógnita, as plataformas municipais apostan por lanzar xa o proceso e evitar acordos "de última hora"
A patronal de helicópteros tomba o contrato da Xunta para extinguir incendios
A asociación que agrupa as empresas do sector detectou que Medio Rural pedía máis experiencia aos pilotos que a esixida por un Real Decreto de 2014. O pasado 2015 a Fiscalía iniciou unha investigación por presunta prevaricación nos contratos dos helicópteros, sinalados por Contas como exemplo de adxudicacións 'a dedo'
O PP ve "fomento do odio" na oposición a ENCE do goberno de Pontevedra
PSOE, En Marea e BNG anuncian iniciativas contra a prórroga á permanencia da pasteira na ría no Parlamento, no Congreso dos Deputados e na Eurocámara.
Renfe anuncia como "alta velocidade" o tren a Galicia malia negar que o fose tras o accidente de Angrois
Fomento volve publicitar os trens de Madrid a Galicia como alta velocidade tras a inauguración do treito entre Olmedo e Zamora. Feijóo e cargos do Goberno de España, negaron con teimosía que a liña puidese ter esa "cualificación técnica" ata que estivese completamente rematada.
As Mercedarias gábanse do seu "entrañable" trato ás mulleres presuntamente retidas
As monxas do convento compostelán rachan o seu silencio para acusar sutilmente a prensa e institucións de mentir. Salientan, nun comunicado, que unha das mulleres de orixe india que abandonou o convento chegou a ter cargos de responsabilidade nel.
O PP mantén o aval a Baltar para recuncar como líder provincial
A dirección dos conservadores galegos aférrase ao anunciado recurso da fiscalía para evitar promover a marcha do barón ourensán. Se nunha semana non se presenta ningunha candidatura alternativa, o actual presidente será o único candidato no congreso.
O BNG aborda o seu debate decisivo
O Bloque xunta este sábado o seu Consello Nacional para debater os relatorios nos que se baseará o seu proceso asemblear, así como os votos particulares e emendas presentadas. A "reformulación" ou "refundación" do proxecto, as liñas estratéxicas, a política de alianzas ou o funcionamento interno estarán sobre a mesa.
Baltar prevé ser reelixido no PP de Ourense cinco días antes de declarar ante a xuíza
O barón ourensán evita nunha decena de ocasións responder á prensa sobre a súa citación como investigado na denuncia de emprego por sexo. Os críticos dispoñen dunha semana para tentar formular unha candidatura alternativa á baltarista.