O PSOE decátase de que a súa número 6 en Santiago tamén é membro de Podemos
A renuncia dunha edil e as dificultades do seguinte membro na lista para cubrir o posto abren a porta á número seis, que dende abril é membro da Comisión de Garantías de Podemos Galicia. A número dous da formación morada responde ás críticas por ter traballado para o PSOE na Deputación de Lugo.
Feijóo carga contra os "dedazos" da esquerda a tres días de ser aclamado no congreso do PPdeG
O presidente da Xunta asegura que é "ben doado" ter "modelos máis participativos que os do PSOE e os das mareas de Podemos" e rífalles aos concellos dende o atril de San Caetano.
Doentes alertan de atrasos de ata oito meses en consultas de oncoloxía en Santiago
Pacientes oncolóxicos do CHUS advirten de reprogramacións das revisións periódicas: "se a tiñas cada seis meses, duplícanche o prazo" e SOS Sanidade asegura que un novo programa informático incrementa estas demoras, que o Sergas di descoñecer.
VÍDEO | Badaladas pola prevención do suicidio en Galicia
O Movemento Galego da Saúde Mental lanza unha campaña para reclamar a elaboración inmediata dun Plan Galego de Prevención do Suicidio. Galicia rexistrou en 2014 a maior cifra deste tipo de mortes en vinte anos.
'Nacer todas as mañás': Berro contra o xornalismo "anestesiado" na honra de José Couso
O xornalista Fran P. Lorenzo é o autor do texto que pon as verbas na entrega do premio José Couso á liberdade de prensa, que recibe Miguel Ángel Aguilar este 3 de maio en Ferrol.
A Xunta recúa e renuncia ao peche do Consorcio de Benestar seis anos despois de aprobalo
O Goberno galego comunícalles aos concellos a apertura dunha "nova etapa" no organismo que xestiona escolas infantís e centros de día. Segundo Feijóo, a entidade era "pouco eficiente" e nela "a maior parte dos cartos" ían parar á "burocracia, non á asistencia" de maiores e infancia.
Galicia votará en xuño e no outono
O presidente da Xunta despexa de vez a incógnita e asegura, a escasas horas de finalizar o prazo para facer cadrar as eleccións galegas coas novas xerais, que a súa intención é "esgotar a lexislatura".
A Xunta desvela os seus contratos menores 'a dedo' só unha semana e logo bórraos
A nova lei de transparencia implica a difusión por primeira vez das contratacións que, polo seu importe, son realizadas directamente 'a dedo'. Estes contratos revelan, por exemplo, como varias consellerías priorizan a empresas da contorna das súas localidades de orixe.
"A presunción de inocencia é do ámbito penal, os políticos deben fixarse na presunción de decencia"
ENTREVISTA Carlos Varela, exfiscal superior de Galicia, centra boa parte do seu labor profesional no estudo da prevención da corrupción. Este venres analizouna nunha conferencia organizada pola Fundación Lois Peña Novo en Vigo.
O PSdeG activa as primarias para a Xunta e pecha a vía dunha candidatura allea ao partido
A militancia socialista elixirá o 28 de maio a persoa que aspirará á Presidencia, que xa participará con esa condición na campaña do 26-X. Quen queiran optar ao posto teñen tres días para formular a precandidatura.
Imputado o xefe de persoal da Deputación de Ourense no caso Baltar
A xuíza que instrúe o caso do presunto ofrecemento de emprego a cambio de sexo cita como investigado ao responsable de persoal e tamén alcalde de Monterrei polo PP tras revisar as mensaxes telefónicas da denunciante, tamén investigada.
A primeira enquisa cara ao 26-X dálle a Ciudadanos un segundo escano en Galicia
Un inquérito de Metroscopia augura que o partido de Albert Rivera lograría agora o escano por Pontevedra para o que lle faltaron 8.000 votos. O estudo prognostica un lixeiro descenso do PP nas provincias atlánticas e un leve avance de En Marea.