A Xunta prevé colocar directivos do Sergas nos comités que asesoran sobre o dereito á morte digna
O Goberno traballa nun novo decreto que elimita o veto aos directivos nos comités de ética asistencial, aprobado polo goberno Fraga. Sanidade argumenta que a incorporación dos directivos servirá para que "a información circule mellor"
Os inspectores en folga alertan de que "a maioría de praias contaminadas séguense usando"
O persoal da inspección farmacéutica entrega bandeiras negras para instar a Xunta a sinalar correctamente a trintena de praias marítimas e fluviais que, segundo a Comisión Europea, non son aptas para o baño por estaren contaminadas. Mapa no interior.
A Xunta, condenada por denegarlle unha axuda a unha inmigrante tras esixirlle requisitos ilegais
Un xuíz de Ourense sentenza que Política Social "vulnerou" a lei de Inclusión Social ao esixirlle unha muller presentar o permiso de residencia malia "non ser esixible" para acceder ao subsidio que solicitara. A Administración terá que pagar a axuda e mais unha compensación por danos morais.
Leiceaga: "Imos construír unha gran alternativa ao PP que atraia o voto que marchara do PSdeG"
ENTREVISTA Xoaquín Fernández Leiceaga afronta o reto de plasmar na súa candidatura á Presidencia a "renovación" que defendeu nas primarias socialistas e facelo se "contemplar" a hipótese de ser superado polas mareas coas que, non obstante, non se pecha a falar.
O BNG presenta un programa "de emerxencia social e nacional" para as xerais
O programa do Bloque propón transferencias pendentes como a da AP-9 e "un plan específico contra a pobreza e a exclusión social". "Diferéncianos das forzas estatais que nós non damos cheques en branco", din.
A dirección do PPdeG pídelle a Baltar para as xerais "un pouco máis do traballo que tan ben fai"
Miguel Tellado xúntase coa cúpula dos populares ourensáns ao día seguinte da imputación de José Luis Baltar na investigación ao seu fillo e aréngaos para "recuperar" os votos perdidos cara a Ciudadanos.
O PSdeG pasa páxina no Parlamento con Patricia Vilán á fronte ata as eleccións
O número dous de Pedro Sánchez avala en Santiago a estratexia de "diálogo" do novo candidato á Xunta e advirte de que "a maioría votou a Leiceaga, iso é o que vale".
Baltar nomea a directora que controlará ao xefe de persoal da Deputación, imputado no seu caso
Paloma Domínguez asume a dirección xeral de Recursos Humanos da Deputación ourensá, ficando xerarquicamente por riba do xefe de persoal e alcalde de Monterrei, crucial na condena a Baltar pai e agora investigado na causa contra Baltar fillo.
Case o 60% da poboación galega evita participar en política porque non lle "interesa"
Apenas un 8% da poboación de Galicia di estar activamente implicada en actividades políticas. O desinterese galego neste eido supera en tres puntos e medio a media estatal.
Baltar pai, imputado na investigación ao seu fillo por ofrecer emprego a cambio de sexo
O antigo barón do PP ourensán terá que comparecer ante a xuíza o vindeiro 8 de xuño como investigado por suborno e tráfico de influencias, os mesmos presuntos delitos que a maxistrada lle imputa ao fillo. A xuíza solicita que a Fiscalía se pronuncie para poder prolongar a instrución.
A xestora do PSdeG aborda a complexa substitución de Romeu no Parlamento
O derrotado nas primarias socialistas coida que a súa marcha é "a mellor solución" para non incorrer en "contradicións". Concepción Burgo ou Sánchez Bugallo, entre os nomes barallados para a remuda.
Alertan dun novo atraso dun ano nunha consulta de cancro no Sergas
A asociación de doentes do Hospital de Santiago asegura que o servizo oncolóxico paraliza a asignación de citas para os meses de verán. O centro hospitalario négao e subliña que a atención a pacientes con cancro foi incrementada con dous novos profesionais.