En Marea: asemblea de costuras tensas
O vindeiro domingo os socios de En Marea e membros das plataformas municipais xúntanse en Santiago co obxectivo declarado de procurar vías para "democratizar" a coalición e á procura de minorar as tensións dos últimos meses.
Dimite o alcalde de Boimorto nove meses despois da censura por presunta implicación nunha estafa
O PP da Coruña alega motivos "persoais" de Gonzalo Concheiro para deixar a alcaldía e asegura que a "estabilidad" está "garantizada". O pasado agosto 'Mini' Rivas, do BNG, foi desbancado polos populares grazas ao apoio dun tránsfuga.
"O 112 dixo que os bombeiros de Vigo non facíamos falla en Fandicosta"
ENTREVISTA Miguel Ucles, bombeiro en Vigo e presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia fala de "caos" na asistencia ao incendio que arrasou unha nave industrial en Moaña e culpa da descoordinación á proliferación de parques de xestión privada.
Feijóo rescata para a precampaña os mobles de San Caetano que prometeu devolver
Romeu augura unha campaña "sucia" baseada en "dossieres" elaborados por "esbirros" de Feijóo. O presidente utiliza dende 2009 os mobles que, segundo anunciou en campaña, ían "saír" dos despachos oficiais se el chegaba á presidencia.
Xóvenes Agricultores: A vella póla agraria do PPdeG afoga entre as débedas
A organización agraria que medrou ao abeiro do fraguismo entra en concurso de acredores tras admitir 1,5 millóns de euros en débedas, das que culpa á Xunta.
O novo 'número dous' de Feijóo axita o medo á "imposición" do galego no seu primeiro día no cargo
Miguel Tellado mantén que "non existe inferioridade xurídica do galego" a respecto do castelán e acusa o PSOE de ter intencións "poco sanas" na aprobación da lei da memoria histórica.
A mocidade galega, de grupo electoral máis numeroso ao menos relevante en dez anos
Case un terzo das persoas con dereito a voto en Galicia nas xerais do 26-X teñen máis de 65 anos. Dez mil galegas e galegos poderán participar por primeira vez nuns comicios por acadaren a maioría de idade dende as xerais de decembro.
Envío de papeletas ás casas: garantía democrática ou porta aberta á carretaxe?
Nas xerais do 26-X o electorado volverá recibir o envío masivo dos partidos, que nas últimas eleccións galegas custou millón e medio de euros. En Galicia PSdeG e BNG propuxeron suprimilo, pero polo momento só o Bloque renunciou a el.
Beiras insta a EU e Podemos a non "traizoar" o acordo fundacional de En Marea
O líder de Anova reclámalle a Yolanda Díaz que "explique" por que "quere sacarme do medio" e censura que "persoas" integradas na coalición estan a "xogar a intereses persoais" propios "da vella casta".
Feijóo eríxese en feito diferencial galego tras ser reelixido no PPdeG co 98% dos votos
Os populares lanzan a precampaña galega coa aprobación da súa nova estrutura, na que Feijóo volverá evitar un corpo a corpo co resto de forzas que agora lle corresponde a Tellado. De Cospedal sitúa o presidente galego como "referente" e di querer "coidar" de quen vive "en Madrid e en provincias"
A Xunta privilexia a Microsoft nun macrocontrato para mercar ata 6.000 ordenadores
A Axencia de Modernización Tecnolóxica inicia os trámites para acordar con diversas empresas o subministro de sete lotes de produtos informáticos por máis de 5 millóns. Todos os ordenadores deben ter instalado Windows, sen posibilidade de alternativa.
Membros de mareas municipais inician contactos para procurar "un único proceso de confluencia"
Integrantes de varias plataformas locais contactan con partidos e colectivos participantes nas Mareas en Común e mais En Marea á procura de fórmulas de unidade.