O PPdeG recupera o voto fugado a C's e En Marea perde folgos
Os populares galegos frean o devalo na segunda oportunidade grazas á Coruña e Ourense, o PSdeG logra recuperar o segundo posto en votos e escanos e Ciudadanos desaparece da representación parlamentaria galega.
Unha campaña a medio gas entre ensaios para as eleccións galegas
As mensaxes dos actos de peche puxéronlle o ferrollo a unha carreira electoral de cuxa existencia custou atopar probas en moitas rúas galegas e que, ao mesmo tempo, foi todo un ensaio xeral para a non menos transcendental cita coas urnas no outono.
Bescansa: "Quen ten medo ao cambio busca desautorizar a En Marea co 'divide e vencerás"
ENTREVISTA Carolina Bescansa participou este xoves por segunda vez na campaña electoral de En Marea, compartindo acto político con Beiras e Noriega. Ve neste mitin mostra do "diálogo interno" da coalición, alén de diferenzas "tácticas", e augura unha maioría "de cambio" o 26X na que En Marea "traballa por Galicia", afirma.
A fenda entre nacementos e mortes acadou en 2015 máximos históricos en Galicia
O país acumula tres décadas con saldo vexetativo negativo. Malia aos plans iniciados dende as Administracións, a cifra de persoas nadas en territorio galego foi a peor dos últimos trece anos.
Baltar pai non logra frear a investigación pola "caixa B" do PP de Ourense
A Audiencia de Lugo tomba os recursos do ex-barón popular e dá luz verde á xuíza De Lara para que remita aos xulgados de Ourense o caso da presunta "caixa B" dos populares na provincia.
Galicia no 26X: Candidaturas ao Congreso coa vista posta no Hórreo
PP, En Marea, PSdeG e Ciudadanos aspiran a revalidar ou aumentar a súa representación polas circunscricións galegas e o BNG, a recuperala nuns comicios que son, en boa medida, campo de probas para as transcendentais eleccións galegas do outono.
Así xustifica a Xunta a súa campaña na prensa contra a independencia de Catalunya
O Goberno galego xustifica os seus anuncios polo que considera "un desafío e mesmo un ataque" pola "deslealdade daqueles que pretenden botar por terra o esforzo colectivo de todo un país"
O gasto dos fogares mantidos por pensións foi o único que aumentou durante a crise
Malia ao descenso dos dous últimos anos, o gasto dos fogares sustentados por pensións aumentou 2.000 millóns dende 2008. No último ano incrementouse o gasto medio por familia galega nuns 400 euros.
O caso Baltar acompañará a Feijóo ata as eleccións galegas
A xuíza fixa a declaración de José Luis Baltar como investigado na causa contra o seu fillo para o vindeiro 29 de setembro, ás portas da campaña dos comicios ao Parlamento.
Por que a esquerda busca o voto "dos avós", en tres gráficos
As persoas maiores teñen cada vez máis peso no electorado galego mentres a mocidade pasou de ser o sector máis relevante ao menos numeroso. Os estudos postelectorais do CIS indican que o PP conserva a súa preponderancia fundamentalmente en persoas de máis de 65 anos.
A Xunta Electoral prohibe que os interventores leven camisolas co logotipo do seu partido
A XEC permite os logotipos en adhesivos pegados á roupa, pero non en camisolas, porque as considera "propaganda electoral"
As derradeiras enquisas legais da campaña sitúan Pontevedra como a gran batalla galega do 26X
As sondaxes auguran que o PP non se recuperará da caída do 20D, asentan En Marea como segunda forza e poñen en risco un escano do PSdeG en Pontevedra