Membros das mareas propoñen unha "mesa constituínte" que concrete a confluencia nas galegas
O "grupo de traballo" de membros de varias plataformas municipais e partidos políticos propón xuntar as principais mareas cos partidos políticos e, co "impulso" dos alcaldes, "aproveitar" o traballo xa feito dende as Mareas en Común.
A xuíza De Lara reactiva a investigación do financiamento do PP de Santiago
A instrutora da Pokémon reclámalle ao Banco Santander que identifique as persoas que realizaron dezasete ingresos nas contas dos populares composteláns no mes das eleccións municipais de 2011 e poucos días despois da toma de posesión de Conde Roa.
Beiras, ante o encontro con Podemos: "Aquí non se decide o que vai ocorrer en Galicia"
Anova e Esquerda Unida asisten en Madrid á unha xuntanza de Unidos Podemos e mais as súas confluencias para analizar os resultados do 26 de xuño. Mareas en Común convida a "aproveitar" o seu traballo para as eleccións galegas.
Contra o acoso escolar, máis educación social ou máis cámaras de vixilancia?
O Colexio de Educadoras Sociais de Galicia diríxese á Xunta para instala a "reflexionar" sobre a súa aposta pola instalación de cámaras nos colexios como vía para previr condutas acosadoras ou violentas. O seu uso, din, é un "erro" que ignora "as accións socioeducativas".
O novo Congreso afasta a investigación de Angrois e volve abrir a porta á revisión de ENCE
Se todos os grupos manteñen as súas posturas a respecto da lexislatura fallida, a comisión sobre o sinistro do Alvia en Compostela está abocada ao fracaso e a iniciativa sobre a prórroga para a pasteira de Pontevedra poderá ser aprobada de novo.
Máis de 6.000 menores de 40 anos emigran de Galicia ao estranxeiro cada ano
O pasado ano emigraron 25.000 persoas dende Galicia, segundo o INE. Case 5.000 persoas que marcharon ao estranxeiro tiñan entre 20 e 39 anos. O saldo migratorio galego é negativo dende 2013.
Lara Méndez: "Galicia precisa un cambio e negarse a acordos é negar a evidencia"
ENTREVISTA Lara Méndez fai un ano á fronte da Alcaldía de Lugo e admite que a fragmentada corporación lucense obriga a consensos "constantes" que, di en plena análise das eleccións xerais, ben poderían ser modelo para Galicia a partir do vindeiro outono.
A Audiencia da Coruña libra os cargos da Igrexa do xuízo por suborno no caso Retablo
A sala tomba os recursos da Fiscalía e da veciñanza de Paraños e impídelles acusar a tres cregos que, segundo a investigación, lle venderon por un prezo "irrisorio" unha reitoral a un dos ex-traballadores da Xunta que presuntamente lideraba a trama de corrupción con axudas para obras de restauración.
As forzas galegas apuran a dixestión do 26X para afrontar o novo reto electoral en dous meses
Feijóo convocará as eleccións, con toda probabilidade, entre o 22 e o 29 de agosto baseándose nun relato segundo o cal volver estar máis próximo á maioría absoluta tras finiquitar as mareas.
En Marea fronte a En Marea cara ás eleccións galegas
Tras a primeira noite electoral triste da súa historia, a coalición de Podemos, Anova e EU e mais as mareas municipais abordan o xeito de afrontar a crucial proba das eleccións galegas, que serán convocadas en apenas dous meses.
PSOE e PP aproban o orzamento da Deputación de Lugo e o BNG dá por roto o goberno
O pleno da entidade provincial lucense saca adiante os orzamentos cos votos dos socialistas, dos populares e do agora non adscrito Manuel Martínez. O Bloque asegura que non será "cómplice" do acordo e a súa Executiva Nacional dá por feita a ruptura da coalición.
O PPdeG frea o devalo iniciado en 2012 xusto antes do gran reto das galegas
Dende 2012 todos os resultados do PPdeG foran peores que nas eleccións previas do mesmo ámbito. Os votos acadados o 26X están lonxe dos seus mellores resultados, pero devólveno ao momento previo ao seu peor ciclo.