O Parlamento galego rexeita nove de cada dez investigacións que se solicitan
Nas últimas dúas décadas solicitáronse na Cámara unhas 60 comisións de investigación, das que unha pequena parte foron aprobadas. O Prestige, a Cidade da Cultura ou as caixas de aforro foron algúns dos asuntos investigados e o accidente de Angrois destaca entre os vetados.
As vítimas de violencia machista poderán solicitar as axudas da Xunta durante todo o ano
O Parlamento aproba, con modificacións, a proposta do BNG que elimina a restrición temporal para as solicitudes do "salario da liberdade".
Punto final á lexislatura con máis leis da historia da autonomía
Este martes comeza o que, previsiblemente, será o derradeiro pleno da novena lexislatura autonómica. Nestes catro anos o Goberno impulsou moitas das leis que anunciara, renunciou a algunhas polémicas como a reforma electoral e evitou aprobar outras abertamente prometidas, como a de publicidade institucional.
Santos aborda a crise de Podemos Galicia con tres destitucións e o inicio da consulta ás bases
A dirección de Podemos Galicia convoca encontros provinciais como paso previo á consulta sobre a fórmula de concorrencia e antes xuntarase con Anova e Esquerda Unida. Mareas en Común insta os partidos e os alcaldes a fixaren xa unha xuntanza para activar a "asemblea constituínte".
Récord de contratos laborais inferiores a unha semana en Galicia
En Galicia xa se asinan moitos máis contratos que antes da crise, pero as persoas a traballar no país son menos. No último ano a sinatura de contratos medrou máis do 11%, ata niveis históricos, e o emprego creceu sete puntos menos.
Un novo contrato en período de alto risco alarga o estrago dos helicópteros contra incendios
A Xunta convoca de urxencia un concurso negociado sen publicidade para poder dispoñer en agosto dos helicópteros que substituirán os hidroavións cuxa contratación ficou deserta. A operación pasa de custar uns 860.000 euros á contorna do millón e medio.
Vítimas de Angrois piden investigar as "claves" do sinistro e non só ao maquinista, como di a UE
A plataforma de vítimas resalta que o informe europeo amosa que Fomento obviou "as causas estruturais" do accidente, que atinxen a entidades dependentes do Goberno de España. O BNG anuncia novos recursos en Bruxelas e unha nova petición de investigación en Galicia.
Derradeiro acto do PSdeG de 2012
A voceira socialista no Parlamento "comunica" este xoves ao grupo que Modesto Pose non será substituído por Méndez Romeu como candidato a senador por designación autonómica na votación que se celebrará o vindeiro martes no pleno que, previsiblemente, pechará a lexislatura galega.
A Xunta esquiva comparecer nesta lexislatura sobre as irregularidades na axuda ao pazo de Mario Conde
O Goberno galego adía unha pregunta parlamentaria do PSdeG a respecto da subvención coa que un ex-cargo do PP e sogro de Baltar rehabilitou o pazo do que acabou gozando o antigo presidente de Banesto.
A Xunta oculta ao Parlamento canto gastou en publicidade e propaganda dende 2013
Tres anos despois de detallar, a preguntas da oposición, canto destinara a accións públicitarias entre 2009 e 2012, o Goberno galego evita revelar á Cámara o dato da segunda lexislatura de Feijóo e nega que as súas campañas inclúan "propaganda"
Os prezos do leite galego tocan fondo un ano despois da gran mobilización
O prezo medio do litro foi baixando dende xaneiro ata chegar aos 27,3 céntimos. A importación de produto foráneo e os incumprimentos conviven con algunhas esperanzas, como o nacemento da primeira marca comercial impulsada directamente por gandeiros.
O BNG impulsa unha reforma legal para blindar os debates electorais na TVG
O Bloque promove unha mudanza de dúas leis que suprimiría o financiamento do envío de papeletas ao electorado e fixaría debates e entrevistas electorais na Galega en horario de máxima audiencia.