A Mesa do Congreso ratifica o "non" ao grupo parlamentario de En Marea
O órgano reitor da Cámara Alta apela de novo ao artigo do Regulamento que "prohibe formar grupo a deputados que non se enfrontasen na contenda electoral", di Pastor. A coalición xa avanzara a súa intención de integrarse no grupo de Unidos Podemos se non podía constituír un de seu.
A Xunta, denunciada por "alterar a traza histórica" do Camiño de Santiago con fins turísticos
O Foro do Camiño diríxese ao Icomos, entidade consultiva da Unesco, para tentar frear as obras da Axencia Turismo de Galicia que, afirman, xa "atentaron" contra 12 quilómetros de vías tradicionais nos camiños Norte e Primitivo.
Os salarios galegos volveron baixar en 2015 coa industria como única excepción
O salario medio galego ficou o pasado ano nos 19.795 euros anuais. No sector servizos, o maioritario no país, os custos para as empresas aumentaron durante a crise mías que os soldos do persoal.
Dez anos do boicot do PP ás brigadas contra incendios da Xunta
No verán de 2006 a dirección do PP na Coruña distribuíu entre os seus alcaldes unha instrución para "dilatar" a constitución dos equipos contra o lume para poder culpar a Xunta de "lentitude". Feijóo limitara a orde a un "parágrafo infeliz" usado polo Goberno para "criminalizar a oposición"
Feijóo reprocha que a oposición organice actos "políticos" o Día Nacional, que a Xunta non celebrou
O presidente insta o resto de forzas a "deixar as formulacións políticas para outro momento" porque o 25 de xullo "debería ser de todos" nunha xornada marcada pola proximidade das eleccións
O presidente do Parlamento invoca o Apóstolo para pedir "honradez e moralidade" na política
Santalices representa o rei na Catedral compostelá nunha liturxia á que asistiron o presidente e varios membros do Goberno. "É moito o que pido e pouco o que somos quen de ofrecer. Pero con boa vontade e a túa axuda, todo é posible", invocou o xefe do lexislativo ao Apóstolo.
O Panteón de Galegos Ilustres agarda, baleiro, a que a Xunta o visite un 25 de xullo
O convenio asinado entre a Igrexa e o Goberno galego tras a sentenza que lle devolveu ao Arcebispado a titularidade do recinto establece que o Panteón está reservado cada Día Nacional de Galicia para a posible celebración de actos institucionais
"As Irmandades foron as primeiras en loitar sistematicamente polo autogoberno galego"
Percorremos con Xusto Beramendi a exposición 'Saúde e terra, irmá(n)s!', aberta ás visitas no Museo do Pobo Galego ata o 4 de agosto. A mostra sobre a historia das Irmandades continuará percorrido por outras cidades do país ata finais de ano. Galería de imaxes no interior
Día Nacional de Galicia: 96 anos dunha festa en construción
As Irmandades da Fala apostaron por celebrar o "Día de Galicia" o 25 de xullo en 1920. Percorremos a historia dunha xornada que dende 1979 é oficialmente Día Nacional, se ben a Xunta obvia esta denominación e opta por non organizar acto ningún para conmemorala.
O IDAE admite que empresas presenten en galego os papeis que esixe en castelán aos concellos
O mesmo día en que difundiu a convocatoria de axudas aos concellos o organismo estatal publicou varias para empresas e particulares nas que admite documentación oficial "en calquera das linguas oficiais do Estado"
Industria nega a Santiago a mesma axuda que a Teo por enviar un informe en galego
O IDAE diríxese ao Concello compostelán nos mesmos termos que ao teense e denégalle un préstamo de 1,5 millóns para renovar o alumeado público. Segundo o organismo estatal, o consistorio usou a lingua galega nun documento por "resistencia".
O Estado nega ao Concello de Teo unha axuda de 3 millóns por presentar un informe en galego
O IDAE tomba unha solicitude do goberno teense para renovar equipamentos de alumeado público e atribúe á "resistencia" o uso da lingua galega nun documento.