Cen anos da chegada do estudante García Lorca a Galicia
Un concerto e unha conversa con Ian Gibson conmemoran este xoves o centenario da primeira visita de Federico García Lorca ao país, nunha viaxe de estudos que o levou por varias localidades
Unha axenda galega para a lexislatura estatal dos vetos
As capacidades de veto mutuo de Goberno e oposición condicionarán a axenda galega da XII Lexislatura das Cortes Xerais, cuxo traballo efectivo comezará unha vez que Rajoy sexa investido presidente.
Sen fronte común no Parlamento contra o veto ao traspaso da AP-9, que todos os grupos defenden
PP e PSdeG non acuden este martes á xuntanza impulsada polo BNG para subliñar a unidade do lexislativo galego pola transferencia da autoestrada, pactada por unanimidade a pasada primavera e obstaculizada agora polo goberno de Rajoy
O goberno de Rajoy incha cun cálculo erróneo o custo do eventual rescate da AP-9
Moncloa e Fomento tentan bloquear a transferencia no Congreso baseándose só nos ingresos por peaxes. A lei de contratos, estudos recentes e fontes expertas apuntan a criterios máis complexos, dos que resultarían indemnizacións duns 3.000 millóns de euros.
Rafael de Vega: Médico, republicano, asasinado
Lugo homenaxea o doutor Rafael de Vega no octoxésimo aniversario do seu asasinato polos franquistas. De Vega, que proclamara a II República na cidade, foi acusado de "traizón" nunha sentenza que reprochaba as súas ideas "avanzadas y revolucionarias"
Comeza a lexislatura galega co reto de ir alén da inercia
A sesión constitutiva do Parlamento de Galicia bota a andar a X Lexislatura autonómica. Santalices volve presidir un Parlamento renovado nos seuse membros e no que a oposición aspira a que a política non marche por inercia burocrática ata a sucesión de Feijóo
A maioría de quen obteñen título universitario e traballo en Galicia cobra menos de mil euros
O soldo medio das persoas que traballan tras rematar a súa carreira nas universidades galegas caeu uns 200 euros mensuais durante a crise, segundo un estudo oficial que detecta por primeira vez persoal "sen salario". O tempo en atopar o primeiro emprego tras os estudos acada niveis máximos.
A Xunta ve un "erro" o veto de Rajoy ao traspaso da AP-9 e a oposición esixe actuar contra o "agravio"
En Marea advirte de que os argumentos do gabinete de Rajoy e mesmo os seus cálculos económicos para vetar o traspaso son "falsos" e o BNG anuncia unha "ofensiva social e institucional" a prol do traspaso
A nova oposición galega pecha o primeiro acordo da lexislatura
A deputada de En Marea Eva Solla será a vicepresidenta segunda do Parlamento e a socialista Concepción Burgo recuncará na vicesecretaría do lexislativo galego.
O boicot do Goberno de Rajoy ao traspaso da AP-9 encamíñase a unha batalla legal
A Mesa do Congreso deixa en suspenso a lei galega á espera de novos informes xurídicos. En Marea mantén viva a súa iniciativa nas Cortes para procurar a transferncia e o BNG apela o resto de forzas a trazar unha estratexia "común" fronte a unha "aldraxe intolerable"
O Goberno de Rajoy manobra en funcións para vetar o traspaso da AP-9 a Galicia
O gabinete do PP tenta blindarse ante a posibilidade de gobernar coa maioría do Congreso en contra e rexistra no Congreso un informe para tentar frear a transferencia, que chega avalada pola unanimidade do Parlamento de Galicia
Oito de cada dez pensionistas por viuvez en Galicia están por baixo do limiar da pobreza
A Rede Galega contra a Pobreza acredita que unhas 132.000 persoas "sobreviven" no país "con ingresos inferiores a 332 euros mensuais". Máis do 60% do total de pensións galegas están por baixo do limiar da pobreza.