O PP volve meter a vida persoal de Feijóo en campaña
En 2009 os populares propiciaron a presenza da parella de Feijóo en actos políticos mentres lanzaban ataques ao resto de forzas baseados na súa vida persoal. Agora, tas tornar o seu mitin central nunha festa de aniversario promoven que transcenda que a súa parella está embarazada
Feijóo críspase coa corrupción no debate e as esquerdas preséntanse como alternativa
PP, PSdeG, BNG e En Marea protagonizan un debate inédito nos medios públicos no que Ciudadanos estivo practicamente ausente. En xogo, un 35% de electorado indeciso
Debate inédito nunha campaña galega á procura dun 35% de electorado indeciso
Os cabezas de cartel de PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos confrontan este luns as súas propostas no debate máis aberto da historia da autonomía. Segundo o CIS, as forzas da esquerda son as que poden ter acceso a un maior volume de votos procedentes da indecisión.
Rivera vólvese ofrecer ao PP para "evitar" un goberno de esquerda en Galicia
O líder de Ciudadanos mantén que "non está en xogo" se o PP goberna a Xunta e preséntase como garante de que "nin as Mareas nin o BNG convoquen referendos de independencia"
O Parlamento privilexia a Microsoft na compra de ordenadores para a nova lexislatura
A Cámara tramita o contrato para mercar os equipos informáticos do novo período lexislativo e esixe que traian preinstalado o sistema operativo da multinacional estadounidense na súa versión en castelán, sen mención ningunha ao galego.
En Marea lanza a súa campaña en Ourense: "Xustiza social fronte ao señor feudal"
Villares propón a posta en marcha dunha compañía ferroviaria galega no seu primeiro mitin de campaña, no que compartiu escenario no Carballiño con Xosé Manuel Beiras.
Leiceaga asegura a fin do copago farmacéutico para pensionistas se é presidente
Sánchez protagoniza xunto ao candidato do PSdeG á Presidencia o seu primeiro mitin na campaña galega lembrándolle a Feijóo que "tamén ten cousas que ocultar, porque ten fotografías cun narcotraficante"
A campaña en vídeos: do dentista electoral a (outra volta) Los Limones
As principais forzas políticas do país volen tentar 'viralizarse' a través de montaxes audiovisuais. Música, humor ou achegamentos aos perfís máis persoais de quen aspiran á Presidencia son algunhas das apostas. Repasámolas.
Mocidade e maiores de 65, sectores da poboación galega máis mobilizados para as eleccións
Apenas o 16% de mocidade e maiores di non ir votar ou non sentir simpatía por ningunha forza política. As eleccións de 2005 foron as últimas coa mocidade como sector maioritario do electorado galego; agora é o que menos pesa.
Descarrila o tren Vigo-Porto no Porriño e falecen catro persoas
Un dos falecidos no sinistro é o maquinista portugués do comboio e outro o interventor vigués. Morreron tamén un mozo vigués de 23 anos e un turista norteamericano. Outras 47 persoas resultaron feridas de diversa consideración.
En campaña: A esquerda apela ao "cambio posible" e o PP, a non confiarse
O PP comeza a carreira electoral teimando na mobilización da súas bases, ás que advirte de que a absoluta non está feita malia ás enquisas favorables. PSdeG, En Marea e BNG aseguran percibir ansias de cambio e apostan por infundir folgos na súa contorna.
O CIS augura que o PP podería manter a súa maioría absoluta intacta en Galicia
O Centro de Investigacións Sociolóxicas sitúa a PSdeG e En Marea a pelexar polo segundo posto, dálle 2 escanos ao BNG e ubica a Ciudadanos ao bordo da representación.