Chiscadelas ao pacto de esquerda en Galicia ás portas da campaña
Na contorna de PSdeG, BNG ou En Marea téntase que as voces que ven posible o cambio de Goberno tras o 25-S se impoñan ás que dan por feita unha terceira maioría absoluta do PP.
Os 8.000 millóns de euros públicos perdidos no rescate das caixas galegas
O novo balance do Banco de España ratifica que as arcas públicas recuperaron apenas 700 millóns dos máis de 9.000 inxectados entre a fusión de Caixanova e Caixa Galicia e o saneamento de Novagalicia Banco, entidade despois vendida por apenas 1.000 millóns.
O Constitucional tomba de vez o recurso do PP de Ourense contra a lista de En Marea
O tribunal de garantías non admite o recurso do PP ourensán contra a sentenza dos xulgados de Ourense que sinalaban que "sen dúbida", a candidatura "cumpre" a lei de eleccións
Leiceaga compromete abrir 24 horas o servizo que atende infartos en Lugo se chega á Xunta
Os socialistas lembran que o actual presidente e candidato do PP anunciou a posta en marcha de todos os servizos do HULA para o ano 2011. "Feijóo é leña verde, todo é fume", di a alcaldesa lucense.
Feijóo lanza a tradicional promesa electoral de contratos navais e esténdea a "dez anos"
O PP aproveita a presentación do seu programa electoral en Ferrol para anunciar que "en días" ou "semanas" Navantia vai "solemnizar" un encargo para os estaleiros da comarca. O anuncio chega catro anos despois da escenificación dos controvertidos contratos de Pemex.
O PP teima en que fará un AVE Lugo-Ourense, pero xa non promete que o pagará a Xunta
O programa da candidatura de Feijóo para o 25S inclúe a promesa de "impulsar a alta velocidade a Lugo" sete anos despois de comprometer a realización da obra "con cartos da Xunta".
O prezo do leite galego segue a caer e xa é o máis baixo da década
O prezo do leite galego o pasado xullo caeu por baixo dos 27 céntimos por litro, menos que nos meses previos ás grandes tractoradas de 2015. O sector volve ao vieiro das mobilizacións e a Xunta anuncia unha industria para 2019.
Rivera ofrécese a soster o goberno do PP en Galicia se Feijóo non logra a absoluta
O presidente de Ciudadanos debuta na precampaña galega deixando claro que se os populares non obteñen maioría na Cámara, o seu partido a completará
O PP promete os mesmos traspasos de competencias que en 2009 tras non lograr ningún
Os conservadores inclúen no seu programa electoral practicamente as mesmas transferencias que cando Feijóo concorreu por primeira vez á Presidencia e despois dunha lexislatura na que deron por "esgotado" o alargamento do autogoberno por esta vía.
O presidente da CEG, sobre un pacto de esquerda na Xunta: "Todo o que sexa democrático non me preocupa"
Diéter Moure declárase tranquilo ante a posibilidade dun cambio de goberno tras recibir o candidato do PSdeG. Leiceaga lamenta que Feijóo estea nunha "pedrea continuada" dende a Xunta e aplaude que os mariñeiros de Noruega rexeiten os fondos anunciados polo presidente.
O xuíz desestima a demanda do PP de Ourense contra a lista de En Marea na provincia
A formación que encabeza Luís Villares ve no aval á candidatura de David Rodríguez un "triunfo da democracia" fronte á "bancarrota moral da coalición Feijóo-Baltar"
O PP fía a súa campaña galega á comparación con Madrid
Nunha estratexia pouco habitual en eleccións galegas, os populares centraranse en subliñar que Galicia non é politicamente como España. O partido volve relegar un segundo plano o seu logotipo para centrarse na figura de Feijóo.