En Marea ultima as primarias e prevé lanzar a candidatura á Xunta a vindeira semana
A coordinadora de En Marea elixe responsables de programa e campaña mentres agarda pola finalización da consulta de Podemos Galicia, cuxa militancia decide ata a noite deste martes se opta por confluír ou concorrer en solitario.
Os prazos das eleccións: Xa podes solicitar o voto por correo
A promulgación do decreto de disolución do Parlamento e convocatoria dos comicios do 25-S fai que comecen a correr os prazos para o electorado e tamén para as forzas políticas, que terán que rexistrar as súas candidaturas entre os días 17 e 22 deste mes.
25-S: Feijóo contra Feijóo
O 25 de setembro, cadrando coas eleccións vascas a e a apenas unha semana do inicio do xuízo da Gürtel, o actual presidente enfrontarase a toda a oposición pero, sobre todo, ao candidato que gañou á primeira en 2009. Recuncar no poder abriríalle as portas de Madrid que lle pechou a publicación das fotos con Marcial Dorado.
Galicia votará o 25 de setembro
Feijóo comunícalle ao Consello da Xunta que as eleccións galegas se celebrarán o mesmo día que as vascas. "Se un ten o obxectivo de achegar estabilidade ao seu país, o consecuente é coincidir con Euskadi", argumenta.
Cen mil persoas buscan emprego en Galicia dende hai máis de dous anos
Seis de cada dez persoas en situación de desemprego en Galicia levan á procura de traballo máis dun ano. O paro de longa duración aumentou máis dun 300% no país dende o inicio da crise.
Feijóo reúne o Consello da Xunta para comunicar a data das eleccións
O presidente da Xunta revela esta tarde se as eleccións cadran ou non coas vascas o 25 de setembro, caso no que o Consello terá que ditar o decreto de disolución do Parlamento.
Urkullu fixa as eleccións vascas para o 25 de setembro e marca o guión das galegas
A axenda electoral vasca volve marcar a galega. Feijóo evita aclarar cando ditará a convocatoria pero advirte de que lle "gustaría coincidir" coa data decidida polo líder vasco, como acordara con el o pasado abril.
Galicia destruíu a metade do emprego xuvenil en menos dunha década
En Galicia traballan 113.800 persoas de entre 16 e 29 anos e unhas 57.000 están en situación de desemprego. A redución da poboación xuvenil con traballo duplica á mingua do conxunto da xente moza.
Os alcaldes asasinados polos franquistas volven presidir a Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña homenaxea os rexedores represaliados polos golpistas na véspera de retirarlle as honras a Franco. O neto de Suárez Ferrín lembra no acto que a sentenza que avalou o asasinato do seu avó nunca foi anulada.
O 'método Gutmann', ou por que o PP borrou 35 veces os discos duros de Bárcenas
O sistema empregado polos populares para, segundo a xuíza, "destruír a conciencia" a información contida nos ordenadores do ex-tesoureiro foi deseñado hai 20 anos por un informático da Universidade de Auckland, en Nova Zelandia.
Galicia gaña 13.000 empregos tras destruír 230.000 durante a crise
Galicia rexistra 29.600 persoas paradas menos que hai un ano e 24.100 máis con traballo, polo que a poboación activa segue minguando en termos interanuais. Nos catro anos de reforma laboral reducíronse no país o paro e mais o emprego
A dirección de Podemos Galicia defende unha coalición e non "diluírse nun partido" nas galegas
Carmen Santos asegura que "a xenerosidade" non pasa pola creación do partido instrumental que defenden as Mareas en Común. O partido celebra o seu encontro este venres, a vinte e catro horas da asemblea das mareas.