Axudas da Xunta á patronal mineira serviron para pagar restaurantes e subscricións a xornais
O Consello de Contas detecta que subvencións para entidades mineiras "sen ánimo de lucro" acabaron financiando actividades vetadas pola lei de subvencións. A Xunta defende a súa actuación pero asegura que comprobará se existiron irregularidades.
A elección de Pastor para o Congreso engade incerteza e indignación ás vítimas de Angrois
A ministra aceptara reunirse cos afectados, que lle piden unha nova investigación, na tarde deste martes. As súas funcións pasan a ser asumidas por Rafael Catalá, titular de Xustiza e un dos responsables da xestión do sinistro como secretario de Infraestruturas.
A "marea constituínte" para as eleccións galegas, en Vigo e de "adscrición individual"
Unha "comisión xestora" proposta polos alcaldes organizará o encontro do día 30, ao que os rexedores agardan chegar con "consensos" en torno "ás modificacións que sexa pertinente facer" aos documentos de Mareas en Común.
Galicia, 1936: Dous millóns de persoas e case a metade, analfabetas
En Lugo e Ourense viven agora menos persoas que hai 80 anos. Máis da metade das mulleres galegas non sabían ler nin escribir a comezos dos anos 30 do século pasado.
A entrega do Estatuto: Así puido ser lembrado xullo de 1936 en Galicia
O 18 de xullo de 1936 a prensa galega recollía o último trámite da recepción formal do texto estatutario galego polas autoridades republicanas. Nesa xornada confirmouse o golpe de Estado que daba lugar á guerra civil.
O aforro da Xunta coa redución de 'chiringuitos' foi "residual" e "máis nominal que real"
A Xunta pechou varias entidades pero creou outras, polo que aforro real foi inferior ao 1% dos fondos manexados, di o Consello de Contas, que alerta de "falta de coherencia" na información contable de sete destas entidades.
A Xunta, apercibida polos seus orzamentos "escasamente realistas" e o abuso do fondo de imprevistos
O ente fiscalizador constata unha "deficiente orzamentación" de gastos que deberan estar previstos polo Goberno e volve certificar o desprazamento de facturas para anos seguintes, aínda que cunha contía "significativamente" menor á de anos anteriores.
Ángel Carracedo: A noite na que o campo da festa aplaudiu a un científico
O prestixioso científico pregoa as Féstas do Apóstolo, en Santiago, cunha reivindicación do investimento en coñemento. "Queremos facer ciencia aquí", proclamou entre aplausos.
A Xunta non avalía se as axudas de normalización lingüística funcionan, di Contas
O Consello de Contas repróchalle ao Goberno nos seus informes de 2013 que conceda subvencións para a promoción do galego sen "avaliar" o seu impacto nin comprobar se teñen "incidencia efectiva na dinamización da lingua"
Só unha muller recibiu a Medalla de Ouro de Galicia en trinta anos
Cando, o vindeiro día 24, a Xunta entregue a edición anual das súas máximas distincións serán 50 homes e 18 entidades as galardoadas. Mesmo contando as numerosas medallas de prata e bronce outorgadas na etapa de Fraga, as mulleres só representan o 7% do total.
As mareas prevén lanzar o proceso de primarias e programa electoral nunha asemblea a finais de mes
Os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol manteñen este xoves e venres encontros coas plataformas municipais, Mareas en Común e representantes de Anova, Esquerda Unida, Podemos e mais o Foro Galego e subliñan a necesidade dunha candidatura "de consenso".
A sociedade galega segue a ser menos desigual que a española malia ao estrago da crise
O CES resalta na súa memoria anual o "incremento das desigualdades sociais" no país como "consecuencia directa" das dificultades económicas e subliña que é unha "necesidade perentoria" paliar o descenso da poboación activa.