Leiceaga: "Esforzámonos para que haxa unha maioría progresista e un goberno presidido polo PSdeG"
ENTREVISTA O candidato do PSdeG á Presidencia amósase convencido de que o resultado do 25S dependerá, en boa medida da "mobilización" do electorado indeciso e resalta que os socialistas teñen "máis solidez e capacidade" que En Marea para encabezaren un novo goberno.
En Marea compromete a recuperación do plan de saúde mental "que Feijóo abandonou en 2009"
A formación que encabeza Luís Villares presenta en Santiago e Vigo o seu programa sanitario e garante a aprobación do programa de prevención do suicidio que reclaman o Movemento Galego da Saúde Mental
Villares garante a investigación de Angrois e reactivar a das caixas se muda o goberno
O candidato de En Marea comparte mitin en Pontevedra con Íñigo Errejón, quen augura que se hai cambio de goberno en Galicia, "botádesnos unha man para botar a Rajoy"
As últimas enquisas deixan o PP entre unha absoluta intacta e o limiar da perda do goberno
Os inquéritos auguran un PP instalado na absoluta e unha intensa pugna entre En Marea e PSdeG, mentres discrepan con amplitude na representación do BNG
En Marea apela á mobilización para evitar “o lamento do día despois” das eleccións
Os alcaldes das mareas e mais a barcelonesa Ada Colau avalan a Luís Villares no inicio do treito urbano da campaña, que a formación valora como transcendental para o resultado do 25S
A esquerda aproveita o segundo debate para garantir goberno alternativo con Feijóo ausente
PSdeG, En Marea e BNG lamentan a "deserción" do líder do PP, representado por un Pedro Puy en dificultades para defender a Baltar e xustificar a xestión da Hepatite C.
Pontón asegura que será "a primeira en chamar a Villares e Leiceaga" se Feijóo perde a absoluta
Villares e Leiceaga amosan a súa disposición ao pacto para tecer un goberno "alternativo" no caso de que a aritmética parlamentaria o permita
O debate electoral galego en TVE cancélase pola negativa do PP a enviar a Feijóo
Feijóo ratifica a súa negativa a acudir a un novo encontro televisivo a cinco e solicita "un cara a cara cun voceiro do multipartito".
En Marea apóiase nas cidades para o treito transcendental da campaña
Villares fixa un "decreto de garantías sociais mínimas" como medida prioritaria. Beiras eríxeo no "mellor candidato" para formar "un goberno solvente e incorruptible"
PSdeG, En Marea e BNG coinciden en comprometer a "restitución" dos libros de texto de balde
O préstamo universal foi unha das medidas estrelas da coalición de PSdeG e BNG, que dera en reformalo polas protestas de libreiros e editores. O PP substituíuno por axudas parciais que foron inicialmente un aforro, pero acabaron sendo máis caras para a Xunta
Sánchez insta a “xubilar” a un Feijóo que “non sabe que dicir” ante a “corrupción” de Baltar
Leiceaga lembra que Feijóo prometeu construír o AVE "con cartos da Xunta": "Representa ben o que é"
A esquerda ve a Feijóo máis feble tras o debate pero minimiza o seu impacto na campaña
Os populares cren que o presidente pouco podía gañar nun “catro contra un” pero que tampouco perdeu nada e confían na súa capacidade de impor o seu discurso nos próximos dez días.