O 25S deixa o Parlamento con máis peso da dereita dende a fin do fraguismo
As forzas de esquerda representan no novo Parlamento 2,22 puntos menos que o PP. Os conservadores pasan por riba do 45% tras descender nas europeas de 2014 e nas municipais de 2015 ata a contorna do 35%.
Villares reivindica a continuidade de En Marea e insta a "prepararse para 2020"
O novo partido instrumental logra 70.000 votos máis que AGE pero fica por tras en apoio cidadán que cando concorreu como coalición ás eleccións xerais.
O único cambio, na oposición
A formación de Alberto Núñez Feijóo conserva a súa maioría absoluta intacta mentres as forzas de esquerda se limitan a recolocarse. En Marea pasa por diante do PSdeG, pero empata cos socialistas a 14 escanos, e o BNG resiste con 6 representantes.
25-S: Así se transforman os votos en escanos do Parlamento
Cando na noite deste domingo pechen as urnas e sexan recontados os votos entrará en xogo a tan célebre e deostada como pouco explicada regra d'Hont. Este método matemático é o que decide a asignación de postos na Cámara que se constituirá o 21 de outubro e que despois elixirá quen presidirá a Xunta.
Fin de festa cara ao 25S: Quen mobilice, gaña
O PP apelou á mobilización fronte ás enquisas para evitar un pacto de esquerdas ao que PSdeG, En Marea e Bloque se amosan dispostos. A barreira do 5% para o BNG e, en segundo termo, para Ciudadanos, pode ser determinante.
Villares augura que En Marea "fará historia" o 25S: "Diremos si á dignidade e non á corrupción"
Noventa representantes do mundo da cultura asinan un manifesto de apoio a Luís Villares no peche da campaña de En Marea.
2012-2016 Memoria de catro anos de lexislatura
CRONOLOXÍA A partir de algo máis de 150 informacións da sección política de Praza.gal compoñemos unha liña de retallos de catro intensos anos que ficarán pechados o vindeiro 25S. Navega, recompila e compón a túa propia liña de lembranzas ás portas das urnas.
Bescansa augura un pacto de esquerda en Galicia rápido e "con poucas discusións"
Luís Villares garante que, se o PP perde a absoluta, "abriremos un diálogo" co resto de forzas "sexa cal sexa a posición na que nos coloquen os cidadáns".
Pontón: "A opción de quen queira cambio é o BNG, disputamos os escanos da maioría co PP"
ENTREVISTA A candidata do BNG á Presidencia mantén que a formación soberanista "non repetirá a irresponsabilidade das forzas estatais, que entraron nun xogo de tronos ata resucitar o cadáver político de Rajoy. "O que xa facemos nos concellos, podémolo facer en Galiza", mantén.
Villares: "Percibo unha ilusión que non miden as enquisas, ímoslle pechar o paso á dereita"
ENTREVISTA O candidato de En Marea á Presidencia mantén un "compromiso político para catro anos" e asegura que, se o PP perde a absoluta, a formación non reproducirá "a irresponsabilidade" que impediu desbancar a Rajoy: "Poden confiar en nós".
Houbo recortes en Galicia? Onde?
Recortes "cero" ou tesoiradas "salvaxes"? Repasamos os orzamentos da Xunta dos últimos anos para coñecer o impacto das tesoiradas nas diferentes políticas públicas
Pontón chama a votar ao BNG cun "sorriso" fronte ao PP que "mete medo á xente"
A candidata do BNG censura en Pontevedra que o líder do PP non sexa quen de "explicar as súas amizades perigosas" con Marcial Dorado ou co presunto conseguidor da trama Zeta