O Goberno de Rajoy manobra en funcións para vetar o traspaso da AP-9 a Galicia
O gabinete do PP tenta blindarse ante a posibilidade de gobernar coa maioría do Congreso en contra e rexistra no Congreso un informe para tentar frear a transferencia, que chega avalada pola unanimidade do Parlamento de Galicia
Oito de cada dez pensionistas por viuvez en Galicia están por baixo do limiar da pobreza
A Rede Galega contra a Pobreza acredita que unhas 132.000 persoas "sobreviven" no país "con ingresos inferiores a 332 euros mensuais". Máis do 60% do total de pensións galegas están por baixo do limiar da pobreza.
Rigor, señorías
David Lombao
Os incendios fan de 2016 o segundo peor ano no monte galego dende a gran vaga de 2006
Este ano arderon xa arredor de 22.000 hectáreas, un balance peor que o dos últimos anos pero moito máis favorable que os de décadas anteriores, cando adoitaban arder de 30.000 a 40.000 hectáreas
Mapa interactivo: Quen é quen no novo Parlamento
O vindeiro 21 de outubro constitúese o Parlamento da X Lexislatura. Explora con esta ferramenta as orixes e as relacións políticas e profesionais dos membros da Cámara
Industria recúa e ergue o veto ás axudas a Santiago e Teo por enviar un informe en galego
O IDAE admite agora a tradución ao castelán do documento e permite que ambos gobernos opten aos préstamos para renovar o alumeado público. Nas axudas a empresas privadas o organismo estatal si admite documentos "en calquera das linguas cooficiais do Estado"
A natalidade galega comezou 2016 estancada nos seus peores datos históricos
Entre xaneiro e marzo naceron 4.693 persoas e morreron 8.705, segundo os datos provisionais do IGE. A Xunta salienta as axudas do 'cheque bebé' entre as súas medidas para inverter a fenda entre nacementos e mortes, que en 2015 foi a máis negativa da serie histórica
3.300 maiores de idade reciben o bono transporte que segundo Feijóo "se dá a xente que non pode votar"
"A tarxeta dáse a xente que non pode votar e din que é electoralista", afirmou Feijóo antes das eleccións. A Xunta sinala que o "obxectivo" do cartón é "facilitar o acceso da mocidade á sanidade ou a educación".
O alcalde de Ribadeo defende cobrar a auga ao Exército: "Tratamos a todo mundo igual, civil ou militar"
O PP ribadense carga contra a "penosa" decisión do goberno de Fernando Suárez (BNG), que cobrou á institución militar polos recursos que consumiu durante unhas manobras no municipio
A nova oposición galega, ante o reto de pactar para poder investigar unha vez a xestión do PP
Se En Marea, PSdeG e BNG xuntan os seus votos poden traspasar o limiar esixido polas novas normas para crear "de xeito automático" unha comisión de investigación durante a lexislatura
O bloqueo político permite ao PP seguir adiante coa LOMCE mentres o Congreso a rexeita
O Congreso aproba por segunda vez en seis meses unha iniciativa para frear a 'lei Wert' que, como a primeira, carecerá de efectos prácticos mentres o Goberno de Rajoy continúe exercendo as súas funcións
Así sería o novo Parlamento se Galicia fose unha única circunscrición electoral
Cunha circunscrición única o PP seguiría a ter maioría, pero menos ampla. Se o limiar da representación o 25S pasase do 5% ao 3% dos votos a distribución de escanos non variaría.