Na Cámara e na rúa: Cando os membros do Parlamento se manifestan
O inicio das lexislaturas en Galicia e no Estado reactiva a controversia sobre a participación de cargos electos en protestas cidadás. No entanto, este achegamento a mobilizacións de todo tipo é moi habitual, tamén na política galega. Repasamos algúns exemplos.
A fenda salarial entre homes e mulleres en Galicia sae case intacta da crise
O último informe do Foro Económico Mundial volve poñer en primeiro plano a desigualdade económica por razón de xénero. Os datos máis recentes indican que os salarios dos homes galegos son uns 4.300 euros anuais superiores aos das mulleres.
Cen anos da chegada do estudante García Lorca a Galicia
Un concerto e unha conversa con Ian Gibson conmemoran este xoves o centenario da primeira visita de Federico García Lorca ao país, nunha viaxe de estudos que o levou por varias localidades
Unha axenda galega para a lexislatura estatal dos vetos
As capacidades de veto mutuo de Goberno e oposición condicionarán a axenda galega da XII Lexislatura das Cortes Xerais, cuxo traballo efectivo comezará unha vez que Rajoy sexa investido presidente.
Sen fronte común no Parlamento contra o veto ao traspaso da AP-9, que todos os grupos defenden
PP e PSdeG non acuden este martes á xuntanza impulsada polo BNG para subliñar a unidade do lexislativo galego pola transferencia da autoestrada, pactada por unanimidade a pasada primavera e obstaculizada agora polo goberno de Rajoy
O goberno de Rajoy incha cun cálculo erróneo o custo do eventual rescate da AP-9
Moncloa e Fomento tentan bloquear a transferencia no Congreso baseándose só nos ingresos por peaxes. A lei de contratos, estudos recentes e fontes expertas apuntan a criterios máis complexos, dos que resultarían indemnizacións duns 3.000 millóns de euros.
Rafael de Vega: Médico, republicano, asasinado
Lugo homenaxea o doutor Rafael de Vega no octoxésimo aniversario do seu asasinato polos franquistas. De Vega, que proclamara a II República na cidade, foi acusado de "traizón" nunha sentenza que reprochaba as súas ideas "avanzadas y revolucionarias"
Comeza a lexislatura galega co reto de ir alén da inercia
A sesión constitutiva do Parlamento de Galicia bota a andar a X Lexislatura autonómica. Santalices volve presidir un Parlamento renovado nos seuse membros e no que a oposición aspira a que a política non marche por inercia burocrática ata a sucesión de Feijóo
A maioría de quen obteñen título universitario e traballo en Galicia cobra menos de mil euros
O soldo medio das persoas que traballan tras rematar a súa carreira nas universidades galegas caeu uns 200 euros mensuais durante a crise, segundo un estudo oficial que detecta por primeira vez persoal "sen salario". O tempo en atopar o primeiro emprego tras os estudos acada niveis máximos.
A Xunta ve un "erro" o veto de Rajoy ao traspaso da AP-9 e a oposición esixe actuar contra o "agravio"
En Marea advirte de que os argumentos do gabinete de Rajoy e mesmo os seus cálculos económicos para vetar o traspaso son "falsos" e o BNG anuncia unha "ofensiva social e institucional" a prol do traspaso
A nova oposición galega pecha o primeiro acordo da lexislatura
A deputada de En Marea Eva Solla será a vicepresidenta segunda do Parlamento e a socialista Concepción Burgo recuncará na vicesecretaría do lexislativo galego.
O boicot do Goberno de Rajoy ao traspaso da AP-9 encamíñase a unha batalla legal
A Mesa do Congreso deixa en suspenso a lei galega á espera de novos informes xurídicos. En Marea mantén viva a súa iniciativa nas Cortes para procurar a transferncia e o BNG apela o resto de forzas a trazar unha estratexia "común" fronte a unha "aldraxe intolerable"