Feijóo designa os seus novos 'superdelegados' tras tres meses cos postos vacantes
Un home de confianza da 'vella garda' do PP da Coruña asume a delegación nesa provincia e a de Lugo pasa a José Manuel Balseiro, coordinador do partido na Mariña
Que foi do "aeroporto único" galego?
A situación económica e as decisións dalgunhas compañías melloran as cifras dos aeroportos galegos mentres a Xunta obvia as propostas coas que Feijóo accedeu á Presidencia en 2009 e o Sá Carneiro do Porto xa duplica o tráfico das tres terminais de Galicia xuntas.
A xuíza rexeita dar por prescrito o delito de acoso sexual polo que investiga a Baltar
O líder do PP de Ourense fracasa de novo no intento de frear o caso e continúa imputado por presuntos delitos de acoso, suborno e tráfico de influencias. A xuíza cita como testemuñas cinco persoas "relacionadas coa mesa electoral" na que, di, a denunciante participou como apoderada do PP en 2012
O PP recupera na Deputación de Pontevedra a estratexia de oposición ao bipartito na Xunta
Os populares envían unha trintena de alcaldes á sede da entidade pontevedresa para protestaren polo reparto de fondos aos municipios. Hai unha década 200 cargos conservadores manifestáronse no Parlamento contra PSdeG e BNG por un motivo semellante.
Santalices pide "respecto" aos membros do Parlamento e non "articular alternativas" fóra da Cámara
A apertura solemne da lexislatura pon fin aos actos protocolarios tras as eleccións do 25S. O presidente da Cámara insta a que "todas as cuestións de interese se continúen abordando entre estas catro paredes" e dá por "materializado, en boa parte", o "galeguismo difuso" que reclamaba Piñeiro
A minoría cos soldos máis altos aumentou un 30% os seus ingresos en Galicia durante a crise
Quen antes da crise cobraban uns 3.500 euros brutos agora perciben 1.000 euros máis, quen cobraban uns 480 agora non chegan aos 430. O devalo dos soldos máis baixos chegou ata o 16% e os salarios medios pasaron de subir levemente a baixar un chisco.
Cen anos d'A Nosa Terra, voceiro galeguista "coa marca da boa prensa"
O 14 de novembro de 1916 saíu do prelo o primeiro número d'A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala e despois, do Partido Galeguista. A cabeceira viviu varias xeiras ata o seu peche, en 2010, no medio de fondas dificultades económicas.
Medio goberno de Feijóo xa tivo cargos na Xunta de Fraga
MAPA INTERACTIVO Os conselleiros e conselleiras volven tomar posesión dos seus cargos nun Goberno no que seguen preponderando as persoas con experiencia nos Executivos fraguistas. Explora con estas ferramentas as súas ligazóns e orixes políticas e profesionais.
O cadro de persoal da Xunta perdeu 3.000 empregos durante a crise
A diminución do persoal ao servizo da Administración autonómica foi un dos puntos de discrepancia no debate de investidura. Sanidade e educación chegaron a perder arredor de cadanseus 1.500 efectivos, parcialmente recuperados.
Feijóo é investido por terceira vez apelando á unidade tras resucitar os ataques ao bipartito
O presidente electo da Xunta insinúa un achegamento a Leiceaga e sitúase a si mesmo fóra da tirapuxa dos partidos mentres advirte a En Marea, PSdeG e BNG de que as súas mensaxes "non lles van colar" tampouco en 2020. O vindeiro sábado tomará posesión do cargo.
- Feijóo tenta un achegamento a Leiceaga e desdeña por radicais a En Marea e BNG
- Villares presenta En Marea como primeira alternativa aos "pecados non expiados" de Feijóo
- Leiceaga fixa na demografía a súa prioridade e propón acordos para revitalizar sectores económicos clave no rural
- Pontón esgrime a "ilusión" do BNG fronte ao "autonomismo fosilizado" de Feijóo
Feijóo tenta un achegamento a Leiceaga e desdeña por radicais a En Marea e BNG
O candidato popular eloxia, por veces de xeito irónico, ao socialista e a “solidez” do seu discurso e ábrese a negociar coa oposición en materia demográfica
- A oposición galega procura facer ver que hai vida alén Feijóo
- Villares presenta En Marea como primeira alternativa aos "pecados non expiados" de Feijóo
- Leiceaga fixa na demografía a súa prioridade e propón acordos para revitalizar sectores económicos clave no rural
- Pontón esgrime a "ilusión" do BNG fronte ao "autonomismo fosilizado" de Feijóo
A oposición galega procura facer ver que hai vida alén Feijóo
Villares, Leiceaga e Pontón ratifican o seu "non" á investidura do candidato do PP e coinciden en reclamacións como a paralización da LOMCE ou a transferencia da AP-9.
- Villares presenta En Marea como primeira alternativa aos "pecados non expiados" de Feijóo
- Leiceaga fixa na demografía a súa prioridade e propón acordos para revitalizar sectores económicos clave no rural
- Pontón esgrime a "ilusión" do BNG fronte ao "autonomismo fosilizado" de Feijóo