Xunta e Fomento substitúen a transferencia da AP-9 por unha comisión para supervisar a autoestrada
Feijóo e o novo ministro atribúen a demanda do traspaso aos "problemas de xestión" da vía e adían indefinidamente a petición unánime do Parlamento galego. Fomento asumirá integramente dende 2017 as bonificacións de peaxes de Rande e da Barcala, ata agora compartidas coa Xunta.
A Xunta evita con outra prórroga rescatar as licenzas de televisión ás empresas que as incumpren
A Xunta inclúe nos Orzamentos de 2017 unha modificación da ampliación que inseriu nos de 2015 e dá ás compañías marxe ata 2021 para cumpriren o acordado. Unha das dúas canles autonómicas de TDT, concedidas por Fraga en funcións, non emite dende hai tres anos.
A normalización lingüística é a área de xestión da Xunta que máis orzamento perdeu con Feijóo
GRÁFICOS INTERACTIVOS A partida das contas públicas que máis medra en 2017 é a de desenvolvemento empresarial, pero a que máis incrementou a súa dotación dende 2009 foi a da débeda pública, cun crecemento superior ao 300%.
O PPdeG xustifica manter o bloqueo ao traspaso da AP-9 no Congreso: "Somos responsables"
Tellado mantén que o rexeitado no Congreso implicaba o rescate da autoestrada e un gasto de "3.000 millóns", pero o texto pactado por En Marea e PSOE facía referencia só á transferencia de competencias, apoiada no Parlamento galego por todos os grupos
A Xunta Electoral propón o voto por internet para residentes no estranxeiro
O organismo electoral analiza as deficiencias do sistema de voto exterior vixente dende 2011, que substituíu o modelo polo que os 'residentes ausentes' podían participar nas eleccións sen acreditar a súa identidade. O informe advirte de posibles fallos de seguridade pero conclúe que o voto electrónico sería "idóneo" fronte á "ineficacia" actual
O PP rexeita no Congreso erguer o veto á lei galega para transferir a AP-9 á Xunta
Un empate na votación por ausencia dun deputado da comisión de Fomento impide a aprobación dunha proposición non de lei de En Marea a prol da transferencia, que o Parlamento galego reclama por unanimidade. Vídeo no interior.
O presidente do Uruguai busca empresas investidoras en Galicia, "o meu pobo"
Tabaré Vázquez é recibido en Santiago polo presidente da Xunta e polo alcalde da cidade antes de presentar ante o empresariado galego o seu Plan Estratéxico de Infraestruturas, dotado con 12.000 millóns de dólares
Profesionais da saúde mental censuran as "declaracións agresivas" da Valedora sobre as persoas sen fogar
O Movemento Galego da Sáude Mental lamenta que Milagros Otero propoña "incapacitar" as persoas que carecen de fogar e reprochan a súa "simpleza e intolerancia". En 2012 unha controversia semellante do daquela titular do posto rematou coa súa dimisión.
As touradas redúcense á mínima expresión en Galicia co recorte de axudas municipais e provinciais
Durante o ano 2015 celebráronse no país só cinco espectáculos taurinos, a metade que dous anos antes. O devalo acelerou tras a fin do apoio do Concello da Coruña á principal 'feira taurina' que sobrevivía e malia á negativa da Xunta a prohibilas na lei de protección animal.
Rajoy condecora as principais autoridades portuguesas tras meses de desdén ao seu goberno
O primeiro ministro, o presidente e outros cargos foron distinguidos en vésperas da visita do rei ao Porto e Lisboa. Entidades como o Eixo Atlántico advirten das materias pendentes nas relacións Galicia-Portugal , como os servizos sanitarios ou os transportes transfronteirizos
Á procura da 'tregua invernal' en Galicia para quen non poden pagar a luz
O PSdeG reclama reactivar a ILP contra a "pobreza enerxética" impulsada pola CIG a pasada lexislatura, cuxa toma en consideración foi aprobada por unanimidade en xaneiro
O mapa do espallamento rural galego, máis detallado ca nunca grazas á tecnoloxía espacial
A Axencia Espacial Europea plasma sobre o mapa a práctica totalidade dos asentamentos humanos do mundo a partir de máis de 180.000 imaxes recompiladas por satélites alemáns durante dous anos