Trinta e cinco anos de Parlamento galego: ledicia e inquietude no nacemento da autonomía
O 19 de decembro de 1981 constituíuse no compostelán Pazo de Xelmírez o primeiro Parlamento de Galicia entre lembranzas ao Estatuto do 36, con medios precarios e a esperanza de que a autonomía puidese abordar algúns dos principais problemas do país
Lores ligará o orzamento do goberno de Pontevedra a unha cuestión de confianza se non é aprobado
O alcalde pontevedrés retira da orde do día do pleno as contas emendadas pola oposición por seren "manifestamente ilegais" e somenterá a votación o proxecto orixinal. O resto de grupos reclaman votar o orzamento emendado e o PP acúsao de ser "como Maduro"
1984-2016: As mudanzas da paisaxe galega, vistas dende o ceo
IMAXES INTERACTIVAS Unha nova ferramenta de Google permite observar nuns poucos segundos a evolución territorial de calquera punto do planeta dende 1984. Percorremos con ela varias localidades de Galicia.
Condenado o ex-alcalde de Vimianzo por fraude e prevaricación en contratos do Concello
O ex-rexedor Alejandro Rodríguez, di a sentenza, adxudicou "a dedo" 135.000 euros en contratos "fraccionados artificiosamente" para reparar pistas e camiños antes das eleccións municipais de 2011
Os cargos institucionais de En Marea poderán formar parte da súa dirección
O plenario de En Marea aproba unha fórmula de elección de Consello e a Cooordinadora que abre a porta a que Villares e outros representantes electos poidan participar neses órganos directivos.
A Xunta di que non houbo obras na súa sede dende 1985 sete anos despois da campaña do PP contra elas
O vicepresidente anuncia un investimento de 6,4 millóns de euros para "adecentar" o complexo administrativo de San Caetano e mantén que alí "non se facía nada" dende a súa inauguración. No entanto, si houbo traballos que os populares criticaron con dureza.
En Marea chega ao seu plenario co reto de acordar modelo político e de liderado
Un dos debates centrais da xornada dirimirase entre quen defenden a "incompatibilidade" dos cargos electos para integraren o Consello e as voces que apostan por que poidan optar a postos directivos. O documento a debate ve necesario combinar a "implantación territorial de En Marea" coa "autonomía" das mareas municipais.
O PP galego pide "valorar" que se "limite" a información sobre violencia machista nos medios
Os populares solicitan á Fiscalía Superior "un estudo" sobre "se habería que adoptar medidas" para "limitar a publicidade dos casos de violencia de xénero". Diversos informes e guías profesionais apostan por visibilizar as agresións machistas, pero cun tratamento responsable e afastado do sensacionalismo
A interventora de Pontevedra ve "deficiencias" no orzamento emendado pola oposición e recomenda non aprobalo
Ana Pontón insta a En Marea e PSdeG a desautorizar o que considera un "ensaio de gran coalición á galega" e o goberno local insta o resto de grupos a que o "deixen gobernar".
'Os datos secretos do galego': Así responderon as familias á consulta lingüística da Xunta
ENTREVISTA | O catedrático da Universidade da Coruña Mauro Fernández revela nun artigo os resultados da enquisa realizada por Educación en 2009 e 2010 sobre a lingua materna do alumnado no ensino infantil
O alcalde de Cee enfrontarase a máis de 20 anos de cadea no xuízo do caso 'Orquesta'
A investigación do caso que se desenvolve dende 2011 atribúe ao rexedor de Cee adxudicacións irregulares de obras a unha construtora que, acusan, despois pagou parte das festas da vila
De Lara inclúe a Louzán entre os imputados polos agasallos de Monbus
A xuíza imputa por presunto suborno o ex-presidente da Deputación de Pontevedra xunto a unha vintena de persoas por figuraren como receptores de viños por máis de 400 euros. O fiscal advirte de que estes obsequios "non son susceptibles de seren considerados como ilícito penal"