A oposición muda o orzamento do goberno de Pontevedra, que ve unha "moción de censura encuberta"
O goberno do BNG ve un "pacto en toda regra" para "destrozar" o seu proxecto e PP, PSdeG, Marea e Ciudadanos din "mellorar as contas". "Non as imos aprobar, estaríamos atados de pés e mans", advirte Lores.
O PP apoia o traspaso da AP-9 no Parlamento mentres o mantén bloqueado no Congreso
Os populares manteñen o veto en Madrid á transferencia da autoestrada mentres anuncian na Cámara galega voto favorable ás iniciativas a prol do traspaso formuladas por En Marea e BNG
Galicia perde 7.000 habitantes en seis meses tras caer os nacementos un 1,2%
No primeiro semestre de 2016 naceron en Galicia unhas 9.400 persoas e morreron algo máis de 16.300, segundo os datos provisionais do INE. O 2015 rematou como o ano coa maior fenda entre nacementos e mortes da serie histórica.
O PP admite agora que parou tres anos a investigación ás caixas para "arrefriar o debate"
O Parlamento aproba a proposta dos populares para "rematar os traballos" da comisión das caixas conxelada en 2013 e deixa fóra o "novo período de comparecencias e solicitudes de documentación" que formulaban PSdeG e BNG e apoiou toda a oposición
A xuíza De Lara pide investigar a Feijóo polos agasallos de Monbus coa oposición do fiscal
A instrutora do caso Condor dirixiuse ao TSXG e ao Supremo para que investigue os políticos aforados aos que Raúl López enviou viños de luxo tras informes da Fiscalía que ven nos agasallos "usos sociais arraigados" non "susceptibles de seren considerados ilícito penal"
Fomento non cre que "pague a pena" o treito do AVE en Ourense que a Xunta vía esencial
O ministro De la Serna cuestiona a construción do treito Taboadela-Ourense, que a Xunta defendeu como indispensable para a chegada do AVE
Toda a oposición pide "explicacións" polos agasallos de Monbus a Feijóo, que se declara "tranquilo"
En Marea, PSdeG e BNG esixen que Feijóo aclare os envíos de 2.300 euros en Vega Sicilia que recolle un informe entregado por Vigilancia Aduanera á xuíza De Lara no marco da Operación Cóndor
Así tentou o dono de Monbus agasallar os políticos con viños de luxo
A investigación do caso Cóndor detecta presuntos intentos de suborno de Raúl López a máis dun cento de cargos públicos, entre eles Feijóo, con envíos de presentes durante unha década por preto de medio millón de euros. Moitos dos agasallados devolveron os obsequios.
De 2009 a 2018: Década e media de prazos incumpridos para o AVE galego
O Ministerio de Fomento vén de admitir que a última data anunciada para a fin da conexión ferroviaria de alta velocidade coa Meseta xa é imposible. 2018 pasa á historia como antes o fixeran 2009, 2010, 2012 e 2015.
Os Verdes-ALE acusan a Inditex de eludir 585 millóns en impostos coas súas filiais estranxeiras
A formación asegura nun informe que ata o 32% do beneficio da multinacional entre 2011 e 2014 procedeu de filiais holandesas e preséntaa como exemplo de "evasión legal". A compañía mantén que o informe presenta "graves erros" e afirma que "cumpre escrupulosamente coa normativa fiscal
O goberno de Baltar é o máis caro das deputacións galegas
O goberno de Pontevedra foi o máis caro ata 2013, aínda con Louzán, e os da Coruña e Lugo manteñen un gasto estable con lixeiras reducións. A lucense é a deputación con máis proporción de investimentos e a pontevedresa incrementou un 99% as transferencias para investiren os concellos
A transferencia frustrada da AP-9, en sete preguntas e respostas
A petición unánime do traspaso de competencias vén de ficar reducida a unha comisión compartida por Xunta e Fomento para supervisar a autoestrada. Polo camiño quedan meses de promesas, anuncios e argumentos contrapostos, moitos dos cales poden ser resumidos nestas sete preguntas e respostas