O persoal investigador público reduciuse un 20% en Galicia dende 2009
O cadro público de persoal investigador reduciuse en 823 persoas dende o inicio da crise, mentres que o privado sumou 112. Fronte aos recortes públicos, as empresas privadas invisten agora un 80% máis en I+D
As accións de Monbus á venda axitan o sector galego do transporte nun momento clave
O propietario do xigante do transporte, Raúl López, asegura non ter "plans" de venda da compañía, que admite movementos no terzo do seu accionariado que pertence a Abanca. Un grupo alemán e outro mexicano, entre as empresas potencialmente interesadas.
Morre Fidel Castro, o 'galego' que marcou a historia de Cuba
Raúl Castro, irmán e sucesor do histórico líder comunista, ratificou o seu falecemento aos 90 anos de idade. Fillo de pai galego, a ligazón dos Castro con Galicia intensificouse na súa histórica visita de 1992, con Manuel Fraga como anfitrión.
- HEMEROTECA | A "festa televisada" de Fraga e Fidel Castro
Feijóo obvia o plan de aeroportos que mercou por 30.000 euros e acusa os alcaldes de "rirse dos cidadáns"
En 2013 a Xunta pagou por un informe para, entre outros aspectos, coñecer os acordos coas aeroliñas dos concellos, aos que agora reclama eses datos
Con elas chegou o escándalo: As "noticias icona" que "determinaron" a campaña galega de 2009
O investigador Javier Presas, da Universidade de Vigo, analiza na súa tese de doutoramento os cinco temas que tornaron en "escándalos" e marcaron a axenda da carreira electoral que levou a Alberto Núñez Feijóo ao poder.
Feijóo resucita o bipartito ante o bloqueo de Rajoy ao traspaso da AP-9
O presidente da Xunta asegura que vai "solicitar a transferencia" da autoestrada pero evita, en resposta ao BNG, fixar posición sobre o veto á proposta no Congreso, que o Goberno de España basea nun cálculo erróneo
Feijóo ponse á fronte da ofensiva do PP contra o pacto de PNV e PSE para gobernar Euskadi
Jeltzales e socialistas asinan un acordo que abre a porta ao "recoñecemento de Euskadi como nación" e o presidente da Xunta acúsaos de pactaren "cousas que non son legais"
O tráfico da AP-9 xa medra como antes da crise mentres o Goberno de Rajoy bloquea o seu traspaso
O pasado verán transitaron pola Autoestrada do Atlántico un 6% máis de vehículos que no ano anterior. Feijóo terá que responder este mércores no Parlamento sobre o traspaso, que o Goberno central procura bloquear baseándose nun cálculo erróneo.
Os socialistas portugueses encabezan a intención de voto tras un ano de goberno de esquerda
O primeiro ministro, António Costa, culmina a fin da privatización do transporte de Lisboa en vésperas do primeiro aniversario do seu Goberno. O cumprimento de medidas do pacto de goberno convive con tensións entre PS, Bloco de Esquerda e Partido Comunista.
Agroman alternativas no rural fronte á "miopía" do peche de escolas
A Confederación de Anpas Galegas analiza en Seoane do Courel alternativas para o futuro do rural galego con representantes académicos, políticos e sociais. Familias da Montaña lucense reclaman un plan educativo específico que free a redución de unidades escolares.
O Goberno de Rajoy volve aplicar para protexer a LOMCE o mesmo veto que ao traspaso da AP-9
O Goberno de España baleira de contido as reválidas mentres tenta protexer o resto da reforma educativa que aprobou con maioría absoluta do PP. O BNG pagará as peaxes da AP-9 con moedas de céntimo como medida de protesta a prol do traspaso
Villares: "A construción de En Marea non ten volta atrás"
ENTREVISTA O voceiro parlamentario de En Marea asegura manter o "compromiso de representar á totalidade" da formación e lamenta, tras o debate de investidura, que Feijóo "deslexitime todo o que non sexa a súa maioría parlamentaria, iso é moi perigoso".